Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta policía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta policía. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de noviembre de 2013

Un día típicamente vigués

Aquí na rúa Urzáiz de Vigo,nunha desas poucas cafeterías afterhours , non stop; aquí non se ven eses billetes verdes que ve voar Botín, nin os "brotes verdes" que ve Montoro.Aquí todo é máis de cine español,dese que a moitos nos gusta. Aquí todo é máis de uralita, formica e sintasol, con esas historias de barrio, que tamén se escoitan no metro e no vitrasa. É neses espazos onde desenvolve a súa vida a deliciosa xente normal; esa que chama ás cousas polo seu nome e que sabe que só o traballo non-stop, a solidariedade e a capacidade de aguante nos poden salvar. Aquí, trala barra, escóitase chorar un bebé, é a neta da camareira que pasa aquí algunas mañás. Entre o almacén e a barra o bebé pasa os seus primeiros meses de vida. "Arrolado" polo suave son do tintineo da louza e do clic, clic das culleriñas de café. Son xente que se conmove cando ven mallar a paus a estudantes de quince? anos que aspiran a estudar una carreira aínda que os seus pais non teñan cartos. Porque aquí en Vigo, aquí si, baixo os adoquíns si está a praia, e parece que hai xente interesada en buscala. Enfín un día típicamente vigués...