Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta crise. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta crise. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de octubre de 2017

O que a crise se levou

María ten un taxi con parada na estación de Autobuses de Vigo. En 2003 tiña un asalariado e unha muller que lle axudaba nas tarefas da casa.
Hoxe só lle queda o taxi. Nel pasa os domingos de catro da mañá  a sete ou oito do serán.

domingo, 8 de octubre de 2017

Porto de Vigo, a " estocada" final

Agora que os cruceiros xa se foros para A Coruña, Vilagarcía, Ferrol e mesmo Viveiro...Agora que os colectores de Maerks van para Marín...O único que nos quedaba era o peixe.Pero seica o gafe quere privatizar a lonxa porque case, case dá perdas...
Ou que supostamente alí ninguén declara nin a metade das capturas, nin das vendas.
Os cartos circulan iso está claro, pero se cadra rematan en petos onde non deberían estar.
E alguén abríu unha investigación no porto de Vigo. Ó grande: con escoitas telefónicas, supostamente e que podería deixar tocados ós moitos que pululan polo noso Wall Street do peixe e ó Wall Street en xeral.
Non sei por qué me vén á cabeza o Mercado da Pedra; oxalá isto non remate igual.Será que todo o clásico remata sendo ilegal?

sábado, 8 de noviembre de 2014

Pórtico, fin de ciclo

Eu son da xeración Pórtico.Os nosos pais foron de " multimueble", formica, gradulux ou Muebles Cyl.Xa non quixemos ser de Ikea.As nosas casas xa estaban postas, se cadra de aquí a vinte anos pasamos a Roche Bobois.Pero coa desaparición de Pórtico algo de nós se vai.A onde iremos agora a botar os ratos mortos, a mercar vasos,, alfombras ou sofás? E sobre todo a onde irán esas duascentas persoas que aínda traballan alí?

jueves, 21 de noviembre de 2013

Un día típicamente vigués

Aquí na rúa Urzáiz de Vigo,nunha desas poucas cafeterías afterhours , non stop; aquí non se ven eses billetes verdes que ve voar Botín, nin os "brotes verdes" que ve Montoro.Aquí todo é máis de cine español,dese que a moitos nos gusta. Aquí todo é máis de uralita, formica e sintasol, con esas historias de barrio, que tamén se escoitan no metro e no vitrasa. É neses espazos onde desenvolve a súa vida a deliciosa xente normal; esa que chama ás cousas polo seu nome e que sabe que só o traballo non-stop, a solidariedade e a capacidade de aguante nos poden salvar. Aquí, trala barra, escóitase chorar un bebé, é a neta da camareira que pasa aquí algunas mañás. Entre o almacén e a barra o bebé pasa os seus primeiros meses de vida. "Arrolado" polo suave son do tintineo da louza e do clic, clic das culleriñas de café. Son xente que se conmove cando ven mallar a paus a estudantes de quince? anos que aspiran a estudar una carreira aínda que os seus pais non teñan cartos. Porque aquí en Vigo, aquí si, baixo os adoquíns si está a praia, e parece que hai xente interesada en buscala. Enfín un día típicamente vigués...