jueves, 21 de noviembre de 2013
Un día típicamente vigués
Aquí na rúa Urzáiz de Vigo,nunha desas poucas cafeterías afterhours , non stop; aquí non se ven eses billetes verdes que ve voar Botín, nin os "brotes verdes" que ve Montoro.Aquí todo é máis de cine español,dese que a moitos nos gusta. Aquí todo é máis de uralita, formica e sintasol, con esas historias de barrio, que tamén se escoitan no metro e no vitrasa.
É neses espazos onde desenvolve a súa vida a deliciosa xente normal; esa que chama ás cousas polo seu nome e que sabe que só o traballo non-stop, a solidariedade e a capacidade de aguante nos poden salvar.
Aquí, trala barra, escóitase chorar un bebé, é a neta da camareira que pasa aquí algunas mañás. Entre o almacén e a barra o bebé pasa os seus primeiros meses de vida. "Arrolado" polo suave son do tintineo da louza e do clic, clic das culleriñas de café.
Son xente que se conmove cando ven mallar a paus a estudantes de quince? anos que aspiran a estudar una carreira aínda que os seus pais non teñan cartos. Porque aquí en Vigo, aquí si, baixo os adoquíns si está a praia, e parece que hai xente interesada en buscala.
Enfín un día típicamente vigués...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario