Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta tradicións.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tradicións.. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de octubre de 2016

Don Juan & Doña Inés

Os nosos avós gozaban de noites como esta comendo castañas, e sendo espectadores da seducción máis famosa da historia: a de don Juan,a dona Inés, para os nenos de agora Tenorio é unha personaxe de OT. Hai quen di que os nosos bisavós xa furaban cabazos nas aldeas e facían caliveiras e calacús.Eu a verdade non o vin.O que non aturo é o " puto halloween" que aquí nunca tal se mirou.E disque seica que o hallowen vén dos vellos ritos celtas, do vello Samaín.Eu tampouco o sei, o que me alucina é que o haloween sexa nos colexios case materia curricular.Como o outono ou os magostos. Como pode ser que en vinte ou trinta anos esta tradición horteira se asentara entre nós? E nos bares tanto me ten: porque todo vale: noite hallowen, san Patrick's day,ou noite Jameson; pero nos coles non. Con Halloween, nin truco, nin trato! Case prefiro a tradición españolista e casposa dos noso avós!