lunes, 31 de octubre de 2016
Don Juan & Doña Inés
Os nosos avós gozaban de noites como esta comendo castañas, e sendo espectadores da seducción máis famosa da historia: a de don Juan,a dona Inés, para os nenos de agora Tenorio é unha personaxe de OT. Hai quen di que os nosos bisavós xa furaban cabazos nas aldeas e facían caliveiras e calacús.Eu a verdade non o vin.O que non aturo é o " puto halloween" que aquí nunca tal se mirou.E disque seica que o hallowen vén dos vellos ritos celtas, do vello Samaín.Eu tampouco o sei, o que me alucina é que o haloween sexa nos colexios case materia curricular.Como o outono ou os magostos. Como pode ser que en vinte ou trinta anos esta tradición horteira se asentara entre nós?
E nos bares tanto me ten: porque todo vale: noite hallowen, san Patrick's day,ou noite Jameson; pero nos coles non. Con Halloween, nin truco, nin trato!
Case prefiro a tradición españolista e casposa dos noso avós!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario