Vistas de página en total

domingo, 13 de noviembre de 2016

Carmina a da Rápida

Carmina atendeu tralos mostradores da Rápida durante varias décadas, seguramente desque casou con Tino que herdou de seu pai aquella librería con imprenta no rexio edificio Albo que inicia a Gran Vía, gorecido baixo a réplica da Victoria de Samotracia. Era Carmina unha "touporroutu" non tiña paraxe.Igual traballaba na librería como na casa como en Cursillos ou guisaba uns caracois. Semellaba ese tipo de persoas que non paraban nunca.Mesmo de xubilada tampouco parou: voluntaria da asociación do cancro e de mil cousas máis. Mesmo din que organizou de vez o centro de maiores en que vivíu os seus últimos días. Carmina era un furacán, que desgraciadamente hai uns anos deixou de soplar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario