O PP recunca con apenas vinte mil ou trinta mil votos máis que toda a esquerda esgazada en mil pedazos cambiando de nome cada tres meses e a coitelada limpia no PSOE ata case o mesmo día da convocatoria das eleccións.
A esquerda coas súas leas internas deixouse gañar. Malia crise, malia o medo atávico dos parados, dos interinos, dos funcionarios e de tódolos demais que pensan que mañá pode se-lo día en que poden quedar sen chollo a esquerda nada fixo; durmir nos loureiros e pelexar entre eles.
A manipulación mediática, e unha axenda política, social e xudicial controlada desde o poder favoreceron o segundo goberno de Núñez Feijóo.
Coñezo medios nos que nos últimos meses non se publicou noticia ningunha que puidese prexudicar ó goberno do PP e nos que se magnificaron convenientemente as disputas e trasacordos dos demais. Coñezo medios nos que non saíu Mario Conde, e moi pouco o fillo de Cuíña, nin que dicir das pequenas formacións, non teñen dereito a nada. Os electores deberiamos coñecelos a todos para saber a quen votar.
O primeiro escano non debería valer tantos votos, nin debería valer máis o voto dun ourensán có dun vigués.
A xuíza de Lugo, cuxo home é dirixente do PP podería agardar logo das eleccións para desenvolve-la redada Pokemon.
O boneco nipón arrasou con boa parte das expectativas dos socialistas e agravou as súas diferencias.Desde a cidade das burgas non sei se non abraiarán con que alí se detecten e denuncien tódalas supostas corrupcións menos as que afectan as proximidades de Baltar.
Sorprende que coa clase política en crise total de credibilidade cada vez foran máis as papeletas entre as que puidemos elixir. Sorprende que Mario Conde se presente e o queira facer por Pontevedra. Se cadra porque llo pediu Baltar que quere seguir tendo cautivo dos seus votos e deputados ó PP de Núñez Feijóo.
Chama a atención a desaparición da axenda informativa dos últimos días da falta de tax lease, das convocatorias contra a pobreza e a prohibición de facer manifestacións ós case cen mil afectados polas preferentes.
Chocan tamén as dúbidas máis que razonables, (oxalá teña razón o goberno recuncante) sobre os
contratos de PEMEX, que obrigaron ó goberno galego a forzar declaracións de responsables mexicanos ou de García Costas (tan cuestionado polo goberno galego durante a fusión das caixas). Alucina ver agora como García Costas gran deudor das dúas caixas e case a única persoa que en campaña e precampaña confirmase que existen uns contratos que ninguén víu, e desboca a nosa imaxinación que José García Costas hai dous días fora recompensado? coa copresidencia da vella Novacaixagalicia á que tantos cartos lle debe.
Son estas cousas que pasan nesta Galicia nosa, nesta campaña marcada por PEMEX e VENDEX.
Pero non vou quita-la razón ós votantes, son sabios, cos elementos de xuízo que se lles deron decidiron ben e vendo ademais como a esquerda se desangraba en estériles pelexas convenientemente televisadas, radiadas e narradas polos mesmos medios que ocultan as do PP.
E xa vedes Núñez Feijóo tan só ten cincuenta anos e xa está feito todo un Fraga da vida, unha máquina de gañar eleccións....
sábado, 27 de octubre de 2012
viernes, 12 de octubre de 2012
miércoles, 10 de octubre de 2012
Delirios urbáns nas illas
Pasa o de sempre, o que leva pasando desde hai quince anos e non hai volta atrás.
Soa un móbil cun politono de moda, de moda hai quince anos.
O outono cálido, quente e húmido produce reaccións caribeñas e tropicais na nosa illa.
O xefe de produción ponse tolo cada vez que abre un dominical e ve un anuncio de Intimissimi. Maruja anda que se sube polas paredes por mor da calor, da menopausa e da lectura de "Cincuenta sombras de Grey".O bar do Porto vai saír calquera día voando entre a apertura das fiestras, e o aire acondicionado.
O director de arte está moi desestabilizado logo de que lle cambiaran o horario.
As inminentes eleccións traen de cabeza a todos.
Pero sempre hai unha boa noticia chega á Illa o I Phone 5. A ver se adivinades quen o trouxo?
domingo, 30 de septiembre de 2012
Adeus á crise! Vivan o esmedrelle e o "descojone"
A noticia do verán para moitos foi a reinvención do Ecce Homo de Borja e salvadas as distancias tamén a "palla whatsapp" de Olvido Hormigos retuiteada e reenviada ata o infinito.
Son "paridas" informativas, historias irrelevantes ou que nós convertemos en banais por pasa-lo tempo.
Precisamos esquece-la crise que nos abruma e cómpre rir aínda que sexa do triste, do obsceno ou do aberrante.Necesitamos desencadra-la realidade como nas obras de arte ou nas composicións son necesarias as liñas de fuga, e a nosa é a retranca...
Por iso xa me tarda que non se reedite aquel xogo do feisbú: cal é o teu regalo favorito da trama Gürtel ou elixe o teu "cohecho pasivo" da operación Pokemon.
Axiña tamén, cal é o teu insulto favorito de Anna Tarrés?
Eres gorda! ou Andreíta cómete o vómito! Pero para iso xa estaba Risto Meijide... en situacións como esta só a retranca nos pode salvar...
martes, 25 de septiembre de 2012
Regueifa de lobas na televisión
Parecía que o gran "duelo" de divas da comunicación deste novo curso mediático ía ter lugar nas ondas; Gemma Nierga e Pepa Bueno ían compartir estudo, dous egos importantes compartindo o mesmo micro, pero non foi tal.
Os lóstregos producíronse entre frames e lufadas. Entre vasca e navarra: case primas irmás.
- Estás oxidada? Díxolle Mariló a Anne. E Anne calaba ata que falou no seu propio programa, onde xa non dá como lle dicía a outra:"paso a vídeo", "paso a vídeo"...
Alucinante foi, parecía a selva, parecía Mogambo máis ben; Anne no papel de Grace Kelly e Mariló no de Ava Gadner pelexando por un Clark Gable, convertido nun programa en "prime time".
Parecía un asalto preconcebido e preparado para dar publicidade os dous programas para recebarse mutuamente.
Faltou que Mariló lle preguntase a Anne polo rei e que Anne lle retrucase polo seu co exdirector da televisión. A telecinquización de TVE é lenta pero segura, nin un paso atrás...
lunes, 24 de septiembre de 2012
A síndrome de Ronaldo
Pensan que son máis guapos, máis listos e máis ricos cós demais. Actúan como tales. Mírannos desde un plano, superior, case desde un plano cenital*. Desde esa intelixencia da que tanto alardean, da que tanto campan. Suxiren, pontifican e miran de esguello a tódolos demais.
E téñennos fartos ós que non somos tan guapos, tan listos ou tan ricos como eles, ou si?
Porque ese éo problema do mal de altura que fai que se vexa mal, que se distorsione. Esta xente que tan lista se cre debería ter alomenos un pouco de esa sensibilidade tan típica das persoas intelixentes de verdade. De non facer de menos ós demais, ós que consideran inferiores.
Pero o mal de altura xera distorsións e espellismos.
A síndrome de Ronaldo ten algún aspecto bo, o Ronaldo teno todo ou alomenos iso di el. Pero todo iso non lle chega. O Ronaldo está triste se cadra porque as cousas materiais non abondan cando non se ten sensibilidá*.
miércoles, 15 de agosto de 2012
Mamadou Kane versus Rafa Estévez
Canto vale un fotógrafo ou un xornalista? Moi pouco, só cómpre ver moitas das nosas nóminas. Agora saberemos ademais que pensan os políticos e os xuíces de nós. Se meterlle unha "marimba" a un fotógrafo miúdo entre catro axentes armados pódelles saír de balde a eses policías.
Rafa Estévez sen querer dá un empurrón a un axente nunha cobertura tumultuosa. Ocorre mil veces. Algún de nós empurrou a un conselleiro sen querer, deulle cun trípode a un alcalde ou ámbalas e outras cousas á vez como o noso amigo Herbie. Houbo quen tamén sen querer case lle queima a calva ó Rei e malia o exército que ese señor leva non lle pasou nada...
Son gaxes do oficio, ás veces os golpes levámolos nós e son tamén sen querer e nunca pasa nada.
En 1996 tamén CATRO POLICÍAS ( parece que sempre van de 4 en catro cando van mallar,que heroicidade) desta volta locais sorprenderon ó senegalés Mamadou Kane sen documentación cun posto ambulante en Samil. Detivérono e subírono a un monte de Beade onde tamén lle meteron unha boa malleira e o insultaron segundo o seu testemuño.
Daquela montouse un rebumbio político, social e mediático que culminou cunha denuncia de Mamadou Kane ós axentes que o agrediron. Gañou nos xulgados, os policías aqueles quedaron estigmatizados e estiveron afastados das rúas durante algún tempo foran inhabilitados aínda que ó final foron indultados polo goberno español logo dalgúns anos.
No caso Mamadou non había testemuñas do que ocorreu no monte, non había fotos e vídeos reproducidos ata a saciedade na internet estes días; pero había vergoña, parece que máis que agora.
Ou é que vale máis un inmigrante senegalés que un xornalista ou un fotógrafo?
Rafa Estévez sen querer dá un empurrón a un axente nunha cobertura tumultuosa. Ocorre mil veces. Algún de nós empurrou a un conselleiro sen querer, deulle cun trípode a un alcalde ou ámbalas e outras cousas á vez como o noso amigo Herbie. Houbo quen tamén sen querer case lle queima a calva ó Rei e malia o exército que ese señor leva non lle pasou nada...
Son gaxes do oficio, ás veces os golpes levámolos nós e son tamén sen querer e nunca pasa nada.
En 1996 tamén CATRO POLICÍAS ( parece que sempre van de 4 en catro cando van mallar,que heroicidade) desta volta locais sorprenderon ó senegalés Mamadou Kane sen documentación cun posto ambulante en Samil. Detivérono e subírono a un monte de Beade onde tamén lle meteron unha boa malleira e o insultaron segundo o seu testemuño.
Daquela montouse un rebumbio político, social e mediático que culminou cunha denuncia de Mamadou Kane ós axentes que o agrediron. Gañou nos xulgados, os policías aqueles quedaron estigmatizados e estiveron afastados das rúas durante algún tempo foran inhabilitados aínda que ó final foron indultados polo goberno español logo dalgúns anos.
No caso Mamadou non había testemuñas do que ocorreu no monte, non había fotos e vídeos reproducidos ata a saciedade na internet estes días; pero había vergoña, parece que máis que agora.
Ou é que vale máis un inmigrante senegalés que un xornalista ou un fotógrafo?
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
