miércoles, 3 de abril de 2013
Feijóo, rubio de batea?
Seica non se pode chegar á Moncloa en planadoira, nen sequera seguindo os ronseis dos barcos e as ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo?
E parece que hai que non perde a Esperanza de monclovita ser. E así se atopa Feijóo entre "la chini y la rayi". Hai tempo que non me parecen nin medio normais as cousas que ocorren no norte da miña provincia,nin que o capo do partido fose man dereita dun coñecido contrabandista e alcalde que no cárcere está.
Non é normal andar de francachela e de viaxe con xente que vive facendo funimbulismo enriba da raia. Aquí nada é normal.
Había neve, equivoqueime non volverá ocorrer,xa parece unha absurda cantilena.
E que antigos son; que nós temos agora esas fotos e chimpámolas begining now no feisbuck ou no twitter ou no myspace; pero non está xente da vella escola garda as fotos no caixón.
En xornalismo dicimos facer neveira cando falamos de deixar noticias enlatadas para eses días de ponte nos que pode non ocorrer nada, pero isto non é neveira, isto é conxelación, que as fotos teñen dezaoito anos, son maiores de idade e case case poderían votar.
E esas viaxes ós Chutes de Europa ou a Andorra e esa cazadora de leñador do amigo Feijóo?
"Marcial eres el más grande".
E pensamos todos, nós non temos fotos con narcos ou si? Se cadra quedaron na barra do Pingus...
jueves, 28 de marzo de 2013
A curta escapada do mono Nano
Nano quixo ser tan famoso como o mono Paco, rei dos macacos nos noventa.Primate famoso e verdadeiro arty monkey! Quixo fuxir na semana santa, coñecer mundo, saír da Madroa onde naceu; pero tardou poucas horas en volver.
Nano saíu da Illa dos monos, do seu paraíso artificial, superou o cristal que delimita a illa, chimpou sobre unha árbore e entrou no foxo dos leóns. Logo coñeceu o mundo exterior. Non chegou lonxe. Vería a estrada e o monumento ó zoo e a canceira municipal. Alí si que viven mal os cans e os gatos, que aquilo parece un campo de concentración.
Ai Nano, Nano, se hai xente que vive peor ca ti. Con ese chan de calefacción radiante, con eses deuvedés que proxectan esceas da vida salvaxe... mellor estás no zoo que na triste vida real.
lunes, 25 de marzo de 2013
Cliente preferente?
Hai dúas palabras que xa nunca significarán igual en Galicia: unha é preferente e outra é prestige.
Aquí xa ninguén quere ser cliente preferente nin consumir xeados ou tartas prestige, porque as palabras non son inocentes ou si?
domingo, 24 de marzo de 2013
Obradoiroleaks
Desde que Manolo, o electricista escribira o seu obradoiroleaks que circula pola rede e en modestas fotocopias polos bares de Santiago, a novela de Vázquez Taín deixou de venderse.
Houbo quen pensou que o roubo do Códice tivo un final moi cutre, de serie B.Un electricista border line, un agocho nun garaxe dunha "banlieu" de Santiago, rodeado de bolsas do Froiz?
Moi pouco cool para un argumento de John Le Carré ou sequera de Domingo Villar ou de Pedro Feijóo. Pero "hete aquí" que vai Manolo, ó que parece que lle falta un cable rouba o Códice e escribe unha historia que parece o escrito de acusación do fiscal do caso Arny ou un microteatro de Chueca.
Ai, Manolo; que pouca vista para os negocios! Estánse forrando en Tórculo coas fotocopias e ti deixaches o obradoiroleaks no notario, se polo menos llo venderas a "El País" ou a Interviú tiñas para pagar a esa avogada narquista que te botaches... pero que son os cartos para ti? Se cadra aínda tes outra maleta con tres quilos no faiado e unha reprodución do Tumbo A baixo a lareira...
sábado, 23 de marzo de 2013
Antoñete versus Bárcenas
A min Bárcenas paréceseme a Antoñete, con eses penachos brancos nas tempas e no cranio. Paréceme un toureiro por como vapulea este gran touro chamado España e esa gran gaivota cuprofaga que é o PP.
O que non ten Bárcenas é esa vergonza que se lles presume ós que practican a disciplina da tauromaquia. Porque Bárcenas non ten vergoña e si manta da que tirar.
viernes, 22 de marzo de 2013
De canto nos custa ir de putas co rei
Vivimos nun país en ruinas.Onde só uns poucos gozan de barra libre e os demais pagamos. Os seus sobres, as súas copas, as súas raias andaluzas, e mesmo as putas.
Porque a Corinna pagámoslle nós:as reformas da casa, a seguridade público-privada( como o hospital novo de Vigo),seguramente as pulseiras e as viaxes tamén.
Non é a primeira que nos custa cartos, antes din, pagáronlle a Bárbara Rey e a Antonia del Atte para que non falaran. A algunhas asignóuselle unha mensualidade durante algúns anos.
Paréceme demencial. Pero levala ademais ás viaxes oficiais,outorgarlle pasaporte diplomático, facela representante de todos nós,deixala facer negocios en nome do país. Levala nas viaxes canda a raíña. Que imaxe de país!
Din que tódolos reis que no mundo foron tiveron validos, favoritos, amantes e bufóns. En Versalles no Pétit Trianon disque María Antonieta levaba ós seus amantes. Alí agochada entre xardíns. Pero aquí no século XXI cando tantos cartos faltan en tantos sitios estamos fartos de pagar; a xentalla coma esta que nada fai.
E este señor que está chocho podía ter gustos menos caros, podía aquelar unha churri na Casiña de Helena, ou na Ferrería por non mandalo á da Collona que tan propio de Vigo sería.
Por min que se vaia, el e todos, xa non estamos para pagar putas, nin viagra a este señor
viernes, 15 de marzo de 2013
Mellor calados
Non podo con ela. A súa presenza próeme. U-la humildade? Onde ve-las carencias propias e non só as alleas? A verdade, nena, abúrresme moito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)