Vistas de página en total

viernes, 3 de mayo de 2013

Malfollat

Tódolos díás esa puta mala cara, tódolos días ese rosmar, ese monótono fungar. Por que esa mala hostia? Que carallo te pasa? O día menos pensao* eu tamén che vou berrar, tamén che vou dicir que tes que facer; tamén che vou poñer esa cara de cuna*, a ver que che parece eh?

jueves, 2 de mayo de 2013

Vigo.today " Os mexicanos compran Barreras para gravar telenovelas"

A factoría Televisa, socia de PEMEX acaba de facerse co 51% de Barreras coa fin de ter un novo plató para gravar telenovelas e narcocorridos. Unha operación que callou grazas ás xestións persoais do presidente da Xunta,Alberto Núñez Feijóo, quen persoalmente viaxou a Cidade de México para levar en persoa as súas fotos con Marcial Dorado pola ría de Vigo ó Presidente de México e ó do holding petroleiro azteca. A primeira serie que se gravaría nas gradas de Barreras podería ser "Ouro negro, po branco"· Pola súa proximidadeó mar, hai quen pensou que os pantaláns de Barreras poderían valer para grava-la versión mexicana de Splass,proxecto que se desbotou polas baixas temperaturas da ría de Vigo. Güei, manito, que a Virxe de Guadalupe nos pille confesados!! Ándale!!!

domingo, 28 de abril de 2013

Artículo 40, parado rico, parado pobre!

Ás veces semella que hai parados ricos e parados pobres. Estamos todos preocupados por Pescanova, por NCG, por Vulcano, por Barreras e as pequenas qué? Desde hai tempo as leis laborais, permíteno case todo. Desde os noventa xurdiron as novas perversións laborais: o management, o outsourcing, a flexibilidade laboral e mil palabras absurdas máis que só serven para redenomina-la nova escravitude laboral. Deslocalizar,redimensionar son outras das novas putadas laborais moi en boga. A reforma laboral abriu a billa a novas formas de perversión. En principio a deslocalización e a redución de persoal poderían supoñer a redución de custes tan necesaria neste tempo. Probablemente a falta de vendas obrigue a algún destes cambios. Estou certa que nestes tempos hai moitos empresarios que gozan como carrachos pensando como asoballa-los seus traballadores grazas a esta nova reforma laboral. Mentres se estomballan nunha cadeira de brazos de coiro, cun güisqui on the rocks ou un gin tonic rañando nos ovos como só eles saben facer. Hainos que só se dedican a isto. Nos últimos tempos estou abraiada co artículo 40. Traslado obrigatorio de persoal, pasoulle a dúas persoas da miña familia. Con soldos exiguos, e horarios indecentes é o propio traballador o que decide abandona-lo traballo polo seu pé. Parece un "golpe maestro", indecente pero "maestro". Son as cousas que fai SEIRT ou que quere facer UNÍSONO mentres todo o mundo cala. Só hai algo un pouco peor:o mobbing...

lunes, 22 de abril de 2013

Listillos

Eles sempre zafan; sempre amañan como lles convén. Convencen ós demais de que aguanten auténticos marróns, mentres eles quedan co mellor. Fano cun enorme sorriso e como se che fixeran un favor. Ah listillos, que noxo dan. Van de guais e non chegan a chachis.

domingo, 21 de abril de 2013

Aroma de rapante

Como boa viguesa gústame o cheiro a peixe. Subir á torre do concello de Vigo e esnifar cara ó Berbés, ir ós mercados e ás peixerías, gústame o cheiro a mar.Non me molesta. Cando vivía no interior, non aturaba que me fileteasen os linguados ou os gallos, parece que hai xente tan pouco afeita a comer peixe que non atura as espiñas. Tamén vin alucinada como a xente botaba ketchup ou mahonesa nos filetes de pescada. Costumes indecentes que en Vigo nunca vin. Tampouco me molesta demasiado o olor a peixe fritido ou a caldeirada cando entras nun restaurante ou cando o preparo eu. Non sei como tan mala prensa ten. Se cadra porque Süskind o demonizou, ou porque nos Luns ó sol a muller de Luis Tosar non daba quitado aquela peste do corpo por máis que fregaba nel. Só hai un olor a peixe que non podo aturar e é o do rapante, penso que o descurbriría a un quilómetro. Noxento, plano, gris, sen xeito, con esa pel traslúcida cru e con esa cor beige cando xa está feito, non podo con el. Por razóns que non veñen ó casó, ás veces a miña colada se impregna dese noxento fedor, que me estraga boa parte da mañá...e entón cando entendo á pobre Nieve de Medina refregando na pel para quitarse de enriba ese molesto aroma de Poisson.

lunes, 15 de abril de 2013

Criptonita de la Mancha

Criptonita Montiel ou Criptonita de la Mancha foi de todo, menos unha muller común. Pola súa chaise longue pasaron reis (alomenos un), premios Nobel(alomenos un), escritores, actores e tódolos que ela deixou. A súa vida non foi aburrida non. Compárana coa parva de Penélope Cruz. Pero a Montiel caga por ela, perdón pola vulgaridá*. Sara de la Mancha era un mito do celuloide e ata escasos días un mito de carne e óso. Nunha España gris, a Montiel deu color a un país triste moi de cine de barrio. Sara Montiel foise sen contárno-la metade da súa vida: o seu co rei, a súa amizade con Karina Fálagan e todo o que vivíu en Hollywood. A súa vida foi como un meteorito, como unha criptonita de Campo. Desde alí desde o ceo onde tódalas estrelas están podería contarnos todo o que pasou...

Paisaxe de Monteferro