domingo, 9 de junio de 2013
O bolero de R´ Abel
Eu pensaba que Ramón Abel, de agora en diante, R´Abel era máis de boleros alá en cas Gayoso preto de Cabo Estai, pero agora seica se afeccionou ó agarrado porque botar un baile vestido de gaiteiro ou non, sempre é obxecto de portada do Faro e de chufla ou cuchufleta no Atlántico Diario e na Voz; se cae, ou aquela mal, se cadra pode ser trendic topic nalgunha rede social.
E querido Abel vai botar un pasodobre ós pés do sereo da Porta do Sol, será o dezanove de xuño e será ó son da Orquestra Panorama. Abraian é? Esta cidade é moi rara, como tamén o é o noso país. Outros levan empanada, ou viño do país, pero o "dancing queen" ten un gran predicamento político senón que llo digan ós de Cangas que hai uns anos o PP pelexou cos nacionalistas por leva-los vellos a bailar( ía poñer votar, non sei por que).
Si queridos vigueses o 19 todos podemos bailar ó ritmo de Abel, ó ritmo da Panorama e ó son dunha cidade que malia ser de primeira non consegue convencer ós nosos políticos de que merece as infraestruturas para dar servizo a unha urbe deste rango.
A verbena aérea para pedir igualdade de trato co resto dos aeródromos galegos, malia o chusco, ten moita razón de ser. O aeroporto de Vigo fixérono os nosos avós, cos nosos impostos en Galicia subvencionamos conexións aéreas e logo temos que viaxar por Santiago ou pola Coruña. A verdade é que mola ser vigués. A área poboacional de Galicia con maior número de persoas e que puteada está, xa nos caímos do AVE que xa conecta a Coruña con Santiago e Ourense e baleiro vai, xa nos caímos do porto nodal, cando o acadaron outros portos menos importantes ca nós. Sabemos perfectamente que partidos votaron para que Vigo non estivera. E qué pecado cometimos nós?
Vése que coas manifas e coas rodas de prensa xa nada se amaña, non. Nós vémonos nas urnas e se cadra na Porta do Sol, ,merda de país mantido de forma artificial e con respiración asistida a cousas que nunca funcionarían de por si, mentres se castiga as que funcionarían mellor de respetarse a libre competencia.
Agora o Ministro de Injusticia quere leva-lo partido xudicial a Pontevedra e pecha-los xulgados de Vigo? Pode ser, aquí todo vale.
Acaban de pecha-los cines de Pontevedra, se cadra Louzán non se decatou, podería subvenciona-los do Lérez a un euro e pecha-los de Vigo para que fosemos alá, xa me fode darlle ideas, pero o nivel de surrealismo anda aí, aí...
Eu vou tentar evadirme e ir pensando xa qué bailar na Porta do Sol: Volare, Santa Marta tiene tren ... y Vigo no, o quizá el Tin Chin Tin que compuxo Feijóo cando lle outorgou o Premio Castelao a Carlos Núñez e The Chieftains!!! Qué difícil é ser vigués!!!!
Sexo en Nueva York
As impresentables ghichas de Sexo en Nueva York cumpren xa 15 anos, mágoa de serie na que os corpos eran curvos, pero os cerebros planos.
martes, 4 de junio de 2013
Que te den
Qué bien estoy sin ti!Sin tus quejas, sin tus lloros, sin tus lamentos, sin tus malas caras. Que ten den!
domingo, 2 de junio de 2013
Ría de Vigo: no sólo noticias: ¡Híjole Barreras!
Ría de Vigo: no sólo noticias: ¡Híjole Barreras!: La toma de control del astillero Hijos de J. Barreras por parte de la mexicana Pemex es el último capítulo de una constatación: Vigo ya no e...
Ría de Vigo: no sólo noticias: Adiós a una mujer sin pelos en la lengua
Ría de Vigo: no sólo noticias: Adiós a una mujer sin pelos en la lengua: Hoy se ha muerto en el Hospital Fátima una mujer que se autoproclamó en vida "alcaldesa del Atlántico". Se llamaba Karina Fálagan ...
jueves, 30 de mayo de 2013
Karina Fálagan, a cara B de Vigo
Morta A Collona, quedábanos a Fálagan, e agora nin iso. Se cadra a Elena, pero xa non é o mesmo. Vigo venera e mitifica as súas personaxes, as de arriba e as de abaixo. Non din as malas pécoras que dunha puta e dun portugués naceu o primeiro vigués...?
Non é Vigo a cidade de Galicia con máis puticlubs per cápita, hai outras que teñen maior ratio, ben preto de nós. Pero aquí non agochámo-las nosas zonas de sombra.
A alcaldesa do Atlántico era intensa de vez, grande, verborreica, esaxerada, franca e puta profesional. De agora en diante técnica sexual.
Nesta cidade aberta, ninguén ou poucos lle torcían a cara a Caridad Fálagan. Eu quixen ir ó seu enterro, gustaríame ter escrito a súa biografía e ve-lo rostro lívido de todos aqueles que podían saír nas súas páxinas pero non puido ser.
A Fálagan era única, saberemos toda a nosa historia, cando saibamos das nosas paixóns, cando saibamos do noso lumpen e como en cidades como esta os altos e os baixos fondos se mesturan sen que ninguén se asuste.
Mediática como poucas, a Fálagan mereceu moitas horas de televisión, pero as nosas canles prefiren a Pacomivida, ou a Cañita Brava. A Fálagan rompía o share.
Recompoñe-la historia desta muller sería como xunta-las areas das praias de tódalas illas galegas das Cíes a Sálvora. Todos teñen recordos aillados e historias que parecen lendas xa. De cando tarifou ou alomenos coincidiron no hall dun hotel de Santiago unha Carina e unha Corina e case chegan as mans.
Nun coñecido salón de peiteado vigués aínda se botan as mans á cabeza porque un día apareceu esixindo un tinguido capilar pero non era na cabeza, nin nos pelos do píloro e ninguén llo quixo facer. Historias hai para todos. Pena de novelón! De folletín de sobremesa ou de realismo máxico galego,de personaxe de Cunqueiro...
domingo, 26 de mayo de 2013
O perigo dos ex
Sempre queren volver, teiman e teiman naqueles tempos pasados que xa nunca volverán; pero eles andan cegos ou alomenos choscos reeditando nos seus neuróticos cerebros os días das vellas glorias, que nunca tales foron.
Cando eu era xefe, cando eu era presidente cando eramos mozos, "dime cuándo, cuándo, cuándo..."
E esta semana tocou rebu-aznar, e alá chegou a Antena 3 o Chemari, o home aquel do bigote portugués, do rostro hiératico,do acento nasal de dobraxe iberoamericana de debuxos animados.
E o oráculo falou, falou porque quixo di unha e outra vez a quen o quera escoitar Rafa Cuíña no seu facebook e no Correo Galego de onte a quen o queira ler.
O parvo de León, o home que nos meteu na guerra de Irak, o que miraba a outro lado cando o Prestige, quere agora darnos lecciós*. Aquel home feo, pequerrecho,como un debuxo animado mal feito dos Hernández e Fernández, de Hergé.Aquel señor que dixo que era ETA , cando era Al Qaeda, aquel home que puxo a Mariano de sucesor e que fixo que perdera as eleccións. O Aznar que non sabía ou non quixo saber que pasaba no despacho de Bárcenas, o Aznar que anima a beber e a conducir, o que se beneficia da Gürtel e o que casa a filla como se dunha princesa se tratase, aínda que fose unha ra.
E vai o jicho e ven a darnos leccións; e digo eu de qué? Será de pilates ou de abdominais? Pois se é diso que se absteña que moito noxo dá por máis fraco que estea !
Suscribirse a:
Entradas (Atom)