Vistas de página en total

domingo, 8 de septiembre de 2013

La serpiente multicolor y la cobra de Louzán

Hace horas que se nos pasó el susto del cuerpo. Ya no tenemos que pagar Madrid 2020. Más difícil nos lo pone Louzán, que nos obligó a pagar la vuelta y sin saber cuánto, cómo ni cuándo. Luego supimos que fueron siete millones según el PSOE, y para qué? Para vernos en la tele? Para pelear por el corte de cinta en Vigo? De verdad merece la pena? Deberíamos calibrarlo nosotros. Si no hubiera sido tan caro quizás no haría gracia; verlo allí como un brazo de mar, cortando cinta,subiendo a la batea de metacrilato, con su eterna camisa azul. Y sobre todo ver a la azafata huyendo despavorida tras la puerta giratoria del escenario para evitar el beso de Louzán. Ay la azafata de Unipublic que no conoce a Louzán y osa hacerle la cobra en la serpiente multicolor...

sábado, 7 de septiembre de 2013

Ajuste de cuentas

-Cuando una vale para todo! Dixo toda chea e ninguén lle retrucou. Eu organizo mellor. Entre Bob Dylan e eu non houbo química, nin a min me molaba nin eu lle molei a el. Iso non se fai así. Se non o fago eu non vale para nada. Cómo non se lle ocorreu ós demais facer iso? Se cadra se che tiña que ocorrer a ti. O que eu penso, o que eu digo é o cool, o demais non vale un can. E así sempre,metro e medio por riba da realidá* e sabes que che digo nena, se tanto che queres, faite una palla!!!

Tod@s en minishort

Entre o Street style e o homewear, só por usar dúas das paridas máis empregadas do mundo da moda, este verán as nosas rúas enchéronse de minishorts.Vaqueiros, rotos, con apliques, con dourados e co forro dos petos por fóra. Aí onde menos o esperas aparece un minishort! Ás veces teño arrebatos fascistas e me gustaría ser editor dun Telediario para dictar un vídeo no que se diga o feos que son e como enmarcan as barrigas de bechos ou perfilan a celulite ou salientan o cu. Pero logo se me pasa. E agardo a chegada do inverno; ata que me decato de que pode ser peor. Volven os pantalóns curtos, con medias de cristal, de veludo, de tergal, de encaixe? ou con leggins! Diosnoscojaconfesaos!!!!

miércoles, 21 de agosto de 2013

Rande, ande ou non ande

Alí onde o mundo se chama Ribadumia, alí onde se substitúen as porterías por pazos provinciais, nesa zona de Galicia onde todo comeza nunha batea naceu o noso protagonista. Non pises a herba, fúmaa dicían os hippies; e por non pisala optou pola artificial; que de paraísos artificiais por aquí se sabe ben. Talón en man; "talón-punta-talón" xa o di a noso baile sistémico o "Lozano" arousán conseguiu que a serpe multicolor pasase por aquí. Pero tanto bótox ou tanto mexillón con toxina amnésica, non se sabe ben, deixouno aqueloutrado de vez. De "puente a puente"allí donde me lleve la corriente, pero algo fallou e a catro días da carreira ninguén sabía se as bicis ían pasar por Rande ou non.

domingo, 18 de agosto de 2013

O último blues da millonarioflauta

Rosalía Mera era unha outsider de si mesma, máis de Monte Alto que de Monte Baixo, seguro. Imaxinámola marcada pola atención ás señoritingas da Coruña no seu primeiro emprego, e alí decidíu o que xa nunca quixo ser.Hai tantos desertores do arado que inventan unha prebiografía ad hoc; de grandes fortunas, infancias rodeadas de oropeis, entre " incunables" e obras de arte, que Mera mola a verdá *. Inventarse unhas novas orixes para alternar na Zapateira ou en Iñás parece absurdo cando alí te sentes fóra de lugar. Renunciar ás túas orixes cando son as qu terman de ti, alí onde todo é verdá, alí onde as cousas custan o qu valen, e alí onde todo é real. Aprendámo-la lección, a humildade, a sinceridade e non ese rollo absurdo de aparenta-lo que non son que tantos levan neste país.

sábado, 17 de agosto de 2013

Vigo no II

Coa calor tiven un pesadelo. Pechemos Vigo dicían nun despacho. Subamos as taxas portuarias, deixémolos sen AVE. Falemos cos portugueses para que poñan peaxes con España, mesmo nas autovías. Fagamos que os vóos desde Peinador vallan o triplo que en Alvedro, e o quíntuple que na Lavacolla. Poñamos un Ikea en Turkitistán e outro no Porto. Deixémoslles avións pequenos con horarios absurdos. Matemos o naval. - E aínda sobreviven; cago en Ros, dixo o outro. -Saturémo-los hospitais, que haxa o dobre de lista de espera; a ver se así os imos matando. Levemos as descargas a Marín, os xulgados a Pontevedra. Baixémo-las tarifas dos cruceiros no resto das terminais portuarias galegas, quitémoslles os MSC e os P& O. - Aínda lles queda o tempo, as Cíes e Samil!!! - Con iso non podemos! - Báixalle o Celta a Segunda B; - Non iso non cómpre disimular. Menos mal que era un pesadelo e que axiña acordei, o raro é que todo seguía coma no soño.

viernes, 16 de agosto de 2013

Don Camilo, un amor outonal ou invernal?

Dicía Castelao que os vellos non debían namorarse e abofé que non, que plastas son! Non teñen ese sexto sentido dos mozos que aprezan xa de esguello se hai química ou non. E non falo deses vellos riquiños que os hai, senón deses vellos verdes que pululan por aí. E aí está Don Camilo que tanto lle ten ligar na consulta como no Tanatorio.O tío non perde a ilusión! Ás veces penso en Fefé , en Cela ou Berlusconi e teño que conte-las arcadas. Que noxo! E aí temos ó Camilo, dálle que dálle, veña a insistir. Como un Di Stefano da vida que busca o seu último gol. E digo en con 87 anos non podes xogar á brisca ou o cachibol. Pois non Tío Camilo fai a ruta dos puticlubs, de seguro que xa sabe da reapertura do Telmo 's e da reubicación do Barbarella en Vilaboa. E para cumprir coas garotas precisa a pílula azul, que non sei o que me pasa, que ás veces non vou ben. Pois non sei chiño, igual precisas vitamina C!!!Mandacarallo( que segundo se ve xa non manda tanto...) Pero Tío Camilo o que quere é senta- la cabeza que xa ten unha idá * , e precisa unha moza seria e formal, que teña carreira a poder ser e que me coide coma un bebé...Ai Don Camilo poderías terte quedado no Tanatorio, pero dentro...