Vistas de página en total

miércoles, 5 de julio de 2017

lunes, 3 de julio de 2017

Amores imposibles, declaracións en diferido

Hoxe tiven que facer xestións bancarias da miña comunidade de veciños. E malia a lideira da lei de proteción de datos cada vez que vou a un banco me preguntan estado civil, nómina, empresa, case case data da primeira regla, que de verdá non sei por qué tanto carallo queren saber!
O caso é que nese banco tíñanme como sector telecomunicacións ou algo así. E o tipo preguntoume pero en qué traballas? Cal é a túa empresa? E eu por non montarlle un pifostio lle contestei, quedou pampo!
Ah!!! Non coñecerás a Rosa Castro, a lingüísta? É o meu amor imposible!
Entón xa era eu quen  estaba en shock!
O tipo insistía, pero coñécela en persoa? Pois mira eu coido que en persoa non, pero teño falado abondo con ela e sei que ademais de guapa é lista e riquiña.
- Boh nunca lle dixen nada, eu coñezo as miñas posibilidades!
Entón aí xa entro eu de conselleira sentimental😝😝.Hai que intentalo sempre, ó melhor tiñas unha oportunidade. Ela é lista e riquiña e non penso que elixa mozo por guapo.
O tipo seguía: qué ben fala, con ese galego de Foz.... 😍 Eu seguía abraiada como en un consultorio sentimental.Pensaba para os meus adentros cóntasmo a min e non tes collóns de dicirllo a ela!
Estes casos realmente me enternecen, e non sei se mandarlle un nps ( mensaxe da nosa intranet) a Rosa Castro para darlle conta do seu admirador, o seu nome é o banco vigués en que traballa...qué farei? Por min que non quede non?🤔🤔

domingo, 2 de julio de 2017

Zorras, gatas e lobas

O outro día nunha cobertura alguén dixo: aí vén a ghata. Para min aquela era máis unha zorra, raposa ou loba, pero se cadra todo significa o mesmo!

sábado, 1 de julio de 2017

O noso xogo de tronos

Na final do noso xogo de tronos hoxe veu vernos o noso novo xefe millenial. O " litlle boss" parece bo, humilde e riquiño, de xeito que non debería ter gran futuro na empresa.
Neste último, non derradeiro capítulo de xogo de tronos estiveron todos moi nerviosos.A algúns pillounos en plató e a outros facendo exteriores. Continuará?

jueves, 29 de junio de 2017

miércoles, 28 de junio de 2017

Port Plasta!

Todos os anos o mesmo festival, o mesmo músico, o mesmo cociñeiro, os mesmos plastas de festival. Só falta que vaia o mesmo atleta e o cámara oficial. Patrocinados iso sí pola Deputación de PontevEdra!

martes, 27 de junio de 2017

O furor capilar na Xunta de Galicia

Hai semanas que estamos nun sinvivir. Os nosos políticos están " decolorados" o Feijóo deveníu hai meses en  loiro como un querubín. Bastante antes do verán, porque hai quen pensa que todo se debe á salitre e ó sal, pero non tal. Se cadra cambiou de salón de peiteado daquel de Vigo a un daCoruña, Loida quizais que parece ser o máis caqui da Coru, neno!
E qué pasa con Rueda, como no delfín semella que comparte Farmatint co  xefe, de súpeto loiro cobrizo, cando en febreiro tiña o pelo banco. Rueda tamén semella ter operado as pálpebras e se cadra o entrecello.
Será a crise dos 50? Será a recén paternidade de Feijóo? Qué sabe nadie? 🎶🎼🎼
O caso é que estes dous a partir de agora van ter moi difícil aquilo de botar unha cana ó aire!