lunes, 2 de diciembre de 2019
No se va a saber nunca
Me lo dijo todo serio y convencido y la verdad sabía de eso; por eso me estremecí.
Son simples fuegos de artificio para simular que hacen algo.La verdad no se va a saber nunca.
domingo, 1 de diciembre de 2019
No me juzgues...
No me juzgues, no me rayes, no me cuentes tu vida. No me agotes con tu intensidad. No me dés ni lecciones ni órdenes porque no debes, porque no puedes de momento. Cállate por favor!
sábado, 30 de noviembre de 2019
La moda de los columnistas “ galegos”
Os galegos somos traficantes , tamén de palabras desde Martín Códax a Jabois pasando por Rosalía.
Hai moitos que teñen celos, pensan que é unha moda ou unha corrente pero eu penso que non, que aquí hai moitas historias e moito xeito para as contar.
Seguirá habendo moitos articulistas galegos porque son moi bos,hai quen os engloba no xornalismo cipotudo, pero eu penso que son máis caralludos que cipotudos.
Aquí tivemos escola de Camba a Valle Inclán. Colmenero, Rolland, Jaureguizar,Manuel Lourenzo, Ana Cermeño e se cadra Tallón.E seguro que esquezo a moitos máis. Que nunca cese o tráfico das nosas verbas!!
viernes, 29 de noviembre de 2019
Encarna Álvarez, a nosa xente
Encarna Álvarez é a presidenta dos comerciantes do Calvario. Naceu en Asturias e vivíu moitísimos anos na emigración suiza, en Zúrich. Logo afincouse en Vigo onde montou unha óptica a escasos metros do Calvario.
Empática e entrañable Encarna loitou sempre polo barrio polo primeiro parquing , se esquecemos o mítico avenida da peonal, foi o de Fernando, o Católico, logo víu o de Maruxa Mallo e conseguir a peonalización do Calvario, con algunha crítica ruín que outra.
Agora vive un déjà vu*. O peche dos comercios físicos polo arrase da venda na internet un fenómeno que afecta a tendas de Candeán, pero tamén ás da Quinta Avenida.
Ela vivíuno en Suíza nos setenta, a moda da venda por catálogo fechou tendas de vez no centro de Zúrich, as tendas
foron reconvertidas en vivendas de baixo custe para non deixar os locais baleiros.
Agora Encarna vive aquel pesadelo outra vez, coa moda das vendas por internet, que pechan locais, xeran paro, crean emprego precario, de reparto sobre todo e fan un fundido a negro nas nosas cidades. Desaparecen os escaparates cos que tanto gozaron os nosos avós, desaparece o gusto pola compra demorada e o asesoramento profesional,desaparece o tacto, a proba física, o saír á rúa para ver as cores a luz.
Perdemos moito con internet. A última vez que estiven con Encarna estaba moi triste polo Black Friday, un fenómeno que case lles obriga a perder cartos para non desaparecer.
Este Vigo noso é produto de persoas como Encarna que fixeron grande? este o noso país!
jueves, 28 de noviembre de 2019
Compañeiro Manoel Soto, “ Por un Vigo mellor”
Onte finou Manuel Soto Ferreiro un dos alcaldes que deixou máis pegada en Vigo xunto con Portanet, e o noso inefable Abel.
Compañeiro Soto que así se deu en chamar apuntábase ben a unha foto segundo dicían os que o coñeceron daquela época.
Embeleceu Vigo con obras que hoxe ninguén discute e se converteron en iconas: o Sereo, os Mariñeiros da Gran Vía ou a Porta do Atlántico.
Din os que viviron aquela etapa que tiña a alcaldía bunquerizada sobre todo na súa última etapa, algo que non ocorría cando eu empecei a traballar era a Casa da Collona pois pasábamos horas alí agardando a saída daquelas interminables xuntanzas de mediados dos noventa.
Despois do seu periplo americano vivíu a súa época máis gris, converténdose nun concelleiro independente de pequenos partidos.
A min daquela facíaseme moi plasta,non tiña apenas representación era irrelevante pero botábase ó micro como un máis. Eu facía algunhas manobras para non o entrevistar porque non cabía nas miñas noticias dun minuto, pero el sempre aproveitaba que os outros da xerencia de urbanismo se facía os remolóns para forzar unhas declaracións que ninguén ( ou polo menos eu) lle quería coller.
E compañeiro Manuel Soto que puxo a Vigo na vangarda da moda, da música e da arte, xa está alá, máis alá das estrelas e das luces de Abel!!
martes, 26 de noviembre de 2019
sábado, 23 de noviembre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)