sábado, 27 de julio de 2013
Angrois, a última curva
Todos nós fomos alguna vez a Santiago en tren. Algún de nós aínda vai de cando en vez. Por iso parte de nós quedou na última curva.Nesa que segundo a mítica lenda a todos nos agarda a Parca coa súa gadaña.
Son cousas que non deberían pasar. Os trens do AVE non deberían ter que circular a 90, non deberían ter traxectos con curvas pronunciadas.
Non deberían, non deberían, non deberían e veña todos a dar lecciós*
Non debes falar dos mortos, non debes dicir quen son, non debes ensina-los cadáveres. Falas moito, falas pouco, céba-lo morbo ou es inhumano. Onde están os límites? A mayoría dos xornalistas que cubren ese suceso subiron alguna vez a ese tren ou a outros parecidos.Cada un deles tenta informar, se cadra contendo as bágoas, se cadra pasádose de frenada porque no barullo da traxedia non aquela ben ou porque o seu medio llelo esixe.
Critícannos os mesmos que agardan no lugar do suceso o levantamento do último cadáver, por`pracer; mentres que nós imos alí por obriga porque os nosos xefes nos mandan e porque hai xente como eles: o público que ve ese tipo de contidos que nós nos vemos na obriga de facer.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario