Páginas vistas en total

miércoles, 6 de noviembre de 2013

O perverso debate do "público"

Critican o público, a sanidade, o ensino, os medios; non lles gustan. Non lles gusta o público. Coidan que hai cousas que deben xurdir da iniciativa privada, os medios, os colexios, os hospitais. Agora eu só lles pido coherencia. Privado-privado que capten publicidade, que cobren ós seus clientes, ou ós seus pacientes; pero que non anden chorando por concertos e subvencións; porque eses cartos son PÚBLICOS e eles aborrecen todo o público, Non? A ver se son como eses que van pola mañá coa muller e pola noite tiran da PÚBLICA e critícana en privado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario