jueves, 14 de noviembre de 2013
Que carallo pasa con Porto Cabral? Prohibido preguntar!
Estes días ocorréuseme preguntarlle ó alcalde por Porto Cabral. Non porque ó meu medio lle interese, era una teima persoal, mesmo llo cheguei a dicir. Pero non lle gustou a pregunta. A miña dúbida era simple, sinxela e doada de responder.
Os fans dese macro centro comercial sempre aluden ó Plan Xeral redactado polo BNG aprobado cos votos do PP e modificado polo PSOE como xustificación para aprobar ese Complexo con pistas de xeo e piscinas con ondas para facer surf.
O caso é que lle preguntei se na "ficha de Liñeiriños" do PXOM puña que había que deixarlle a EUROFOUND que fixese ese complexo que tan nerviosos pon a todos.E qué volumen edificable recollía a ficha se era moi elevado.
Cun punto de soberbia, remitiume ó plan. A verdade, eu non vou le-lo plan xeral non sei se o entendería, fala de porcentaxes de edificabilidade e coido que é moi técnico para min. Pero o que coido que é verdade é que non hai présa, non a debería haber para edificar alí; sobre todo cando os comuneiros se opoñen. E Abel podería darme una resposta clara digo eu.
O caso é que a miña pregunta puxo nervioso a máis de un. Parece que xa moitos están de acordo SOBRE iso.
A media mañá tiña o correo do chollo asulagado de fragmentos do debate en que se aprobou o Plano Xeral, tardei en decatarme de qué era ata que recibín una chamada de ALCALDÍA . Lembrándome que o BNG apostara por aquel proxecto.E a min que? Eu non son do BNG, nin do PSOE, nin do PP. Só preguntei o que considero que a moitos vigueses interesa. Porque que no Plan Xeral se deseñase que a zona de Liñeiños fose terciaria ou comercial non implica que haxa que construir xa PORTO CABRAL.
E que non se poñan nerviosos; a min non me gusta. Non me gusta nin o nome: PORTO CABRAL é confuso; cando en Vigo dicimos porto pensamos preto do mar.
Por un momento ademáis de presionada, sentinme importante, nin que fose eu o xornalista aquel que tumbaba alcaldes e nomeaba adestradores do Celta desde a radio. Eu son unha chaíñas, por iso, paréceme absurdo que alguén investise tanto tempo en convencerme de que a culpa de Porto Cabral a tíña o BNG.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario