Vistas de página en total

domingo, 3 de julio de 2016

Izan o da saca

"Izan o da saca" é unha gran novela que xa agocha un gran segredo no seu nome. O libro aborda unha parte esquecida ata agora do papel galego na Segunda Guerra Mundial. Da nosa convivencia cos nazis ou cos anglófilos, de cómo os alemáns se agocharon, fixeron negocios ou se mesturaron de diversos xeitos con nós. Todo aliñado cun idioma perfecto, coidado e auténtico, desde o enxebre ata o académico; un galego "real" e tamén culto cunha gran riqueza de vocabulario e xiros moi difícil de atopar. "Mallado" está tamén, perdón pola vulgaridá, o tratamento das personaxes, coidada, auténticas, como se fosen os nosos pais ou nosos avós. E a historia, claro que sí, a historia apaixonante que nos permite coñecer que moitas das nosas aldeas e vilas foron un escenario, un pequeno teatro de operacións da gran guerra que daquela se desenvolvía no gran taboleiro do mundo. Os de Monforte recoñecerán lugares ademais. Eu non coñecía ó autor, Xabier Quiroga que chegou a min como de casualidá. Recomendoumo un biólogo experto en kiwis e melómano ó que hai uns meses entrevistei. Pero a recomendación non puido ser mellor:wolfram, misterio, historia,nazis, Ribeira Sacra e Vigo como non!Unha gozada publicada por Xerais con copyrighth de 2015 e que aínda se pode atopar estes días na feira do libro na viguesa Porta do Sol

4 comentarios: