Acudíamos a casa de Casares cada vez que morría alguén, alguén da literatura ou da política galega da súa xeración.
Supoño que tamén no día das Letras Galegas e noutras situacións.
Xa case non me acordo. Recibíanos naquel o seu despacho da rúa Reconquista, un dos máis desordenados de Vigo, logo do de Antonio Reguera, claro!
Os libros ciscados no chan e encol da mesa.
Unha vez sorprendíno falando en ton serio cun tal Jesús, que resultou ser Pérez Varela. Debía estar o conselleiro mosqueado con algún xesto seu ou algunha decisión, e o pobre do Carlos alí "aturando mecha" estoicamente a chamada de Jesús.
Tamén nos recibía na súa casa de Vilariño onde de cando en vez nos abría a porta un guapísimo e novísimo Christian Casares.
Naquela casa non había un sillón azul como sempre pensei, nin un Deus para sentar nel. Tampouco vin ó gato que se cadra chegou despois ou ó fillo da asistenta ó que algunha columna lle adicou.
Sí que estaban os trens e se cadra os Principiños e tamén a súa muller.Tamén o vimos votar. Dicían as malas linguas que o gravábamos a el para non irlle a algúns políticos; daquela tamén íamos a gravar o bispo nas votacións.
Ninguén de nós pensou que Carlos ía morrer tan cedo. De ser así, teríamonos fixado máis!!
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura Galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura Galega. Mostrar todas las entradas
sábado, 3 de junio de 2017
viernes, 31 de marzo de 2017
Os días vigueses de Víctor Freixanes
Que sí, que sí, que Víctor Freixanes tamén vivíu en Vigo, coido que foi nos oitenta. Vivíu no que podería ser o noso barrio das letras, case no mesmo cuarteirón en que viviron logo Agustín Fernández Paz e Ramiro Fonte.
Daquela traballaba en Xerais. E facía algo de vida de barrio. O seu fillo Denís estudou no García Barbón. A escasos metros da casa en que vivían en Rosalía de Castro entre o Gadis de agora e a Parroquia do Sagrado Corazón.
Daquela xa existía a librería Gami,e Denís que aínda era un neno, refocilábase polos trinques limpando a merda toda,ata que a súa nai lle dicía: Denisiño, porcallón!Pero isto ocorreu xa hai ben de tempo.
domingo, 3 de julio de 2016
Izan o da saca
"Izan o da saca" é unha gran novela que xa agocha un gran segredo no seu nome. O libro aborda unha parte esquecida ata agora do papel galego na Segunda Guerra Mundial. Da nosa convivencia cos nazis ou cos anglófilos, de cómo os alemáns se agocharon, fixeron negocios ou se mesturaron de diversos xeitos con nós. Todo aliñado cun idioma perfecto, coidado e auténtico, desde o enxebre ata o académico; un galego "real" e tamén culto cunha gran riqueza de vocabulario e xiros moi difícil de atopar.
"Mallado" está tamén, perdón pola vulgaridá, o tratamento das personaxes, coidada, auténticas, como se fosen os nosos pais ou nosos avós.
E a historia, claro que sí, a historia apaixonante que nos permite coñecer que moitas das nosas aldeas e vilas foron un escenario, un pequeno teatro de operacións da gran guerra que daquela se desenvolvía no gran taboleiro do mundo.
Os de Monforte recoñecerán lugares ademais. Eu non coñecía ó autor, Xabier Quiroga que chegou a min como de casualidá. Recomendoumo un biólogo experto en kiwis e melómano ó que hai uns meses entrevistei. Pero a recomendación non puido ser mellor:wolfram, misterio, historia,nazis, Ribeira Sacra e Vigo como non!Unha gozada publicada por Xerais con copyrighth de 2015 e que aínda se pode atopar estes días na feira do libro na viguesa Porta do Sol
Suscribirse a:
Entradas (Atom)