Mostrando entradas con la etiqueta nazis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nazis. Mostrar todas las entradas
domingo, 3 de julio de 2016
Izan o da saca
"Izan o da saca" é unha gran novela que xa agocha un gran segredo no seu nome. O libro aborda unha parte esquecida ata agora do papel galego na Segunda Guerra Mundial. Da nosa convivencia cos nazis ou cos anglófilos, de cómo os alemáns se agocharon, fixeron negocios ou se mesturaron de diversos xeitos con nós. Todo aliñado cun idioma perfecto, coidado e auténtico, desde o enxebre ata o académico; un galego "real" e tamén culto cunha gran riqueza de vocabulario e xiros moi difícil de atopar.
"Mallado" está tamén, perdón pola vulgaridá, o tratamento das personaxes, coidada, auténticas, como se fosen os nosos pais ou nosos avós.
E a historia, claro que sí, a historia apaixonante que nos permite coñecer que moitas das nosas aldeas e vilas foron un escenario, un pequeno teatro de operacións da gran guerra que daquela se desenvolvía no gran taboleiro do mundo.
Os de Monforte recoñecerán lugares ademais. Eu non coñecía ó autor, Xabier Quiroga que chegou a min como de casualidá. Recomendoumo un biólogo experto en kiwis e melómano ó que hai uns meses entrevistei. Pero a recomendación non puido ser mellor:wolfram, misterio, historia,nazis, Ribeira Sacra e Vigo como non!Unha gozada publicada por Xerais con copyrighth de 2015 e que aínda se pode atopar estes días na feira do libro na viguesa Porta do Sol
jueves, 1 de enero de 2015
A vinganza do defunto de Carlos Reigosa
Foi Vigo un viveiro de nazis e de espīas británicos? Sī que o foi.Alemáns e británicos conviviron en Vigo con aparente normalidade cos nosos pais e os nosos avós.Cos seus propios colexios como o vello colexio alemán, cos seus sistemas de comunicacións como o Cable Inglés ou o Alemán e con aqueles cabarets en que pasaban o tempo como o Fontoria ou o Suevia.
O Suevia de Walter Jurghans, un alemán que posuīa tamén en Madrid o Erika. Un Vigo cosmopolita, escenario secundario das grandes tensións internacionais. O wolframio e os xudeos que puideron pasar pola nosa cidade completan o cadro literario que compón Carlos Reigosa na súa ūltima novela:"A vinganza do defunto" e que se pode completar con lecturascomo :"La clave Embassy" de Patricia Martínez de Vicente.
Etiquetas:
"A vinganza do defunto" de Carlos Reigosa,
"La clave Embassy de Patricia Martínez de Vicente.,
britånicos e espīas,
Literatura,
nazis,
Vigo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)