Vistas de página en total

viernes, 16 de diciembre de 2016

Churruca, reaberto ata o amencer

Onte á noite reinauguráronse dous baretos míticos da noite viguesa de Churruca, un de cada lado de Cervantes. O Black Ball que creara Silvia Superstar coa súa maravillosa decoración vintage, con sillóns de avoa, secadores de salón de peiteados doa anos setenta. O Black cambia de ubicación pero a súa esenza continúa.Agora está en Gravina 13,fronte a Churruca 8. Tamén reabría onte outro mítico vigués, que estrea vida nova. Nos 90 foi o Café da Fala,( Irmandiños 2)Eladio Argibay convertira aquel vello almacén de Adegas Ramos nun cafeto imprescindible do Vigo dos noventa, con proxeccións audiovisuais, expos e actuacións, foi o seu mellor momento.Logo cambiou de nome e de dirección Nelson e Óscar Suárez do mundo audiovisual rexentaron Golem con menor éxito.Golem pechou o pano a finais de outubro. Agora abre como "Tinta negra" cunha reforma integral, e nova xestión, os antigos propietarios do Choco de Alfonso XIII. Con Marya de A Baiuca ó fronte, e ese guiño ó choco que bota Tinta Negra. Unha estirpe que leva xa tres xeracións na hostalería viguesa con indubidable éxito. De camiño a templos da noite como La Casa de Arriba e Playmobil, Tinta Negra ten o éxito garantido, abofé que sí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario