viernes, 29 de junio de 2018
A verdade de Oubiña
Laureano Oubiña quería contar a súa verdade, e faino a través dun libro.Realmente é unha primeira parte; o libro tiña cincocentas páxinas e quedou na metade.A segunda parte sairá logo do dous de setembro cando o narco cambadés teña cumprida a totalidade da condena.
Sorprenderán moitas das cousas que vou contar,di. Non teño fe nos xuíces. Aínda que ir declarar me excita, é a miña Viagra, agora que o médico non me deixa tomar a outra.
Non sinto pena por Carme Avendaño, qué teño eu que ver co victimismo desa señora?
Ela viña aquí a Baión, pero non ía ós xuízos dos que traficaban con heroína.
O háxix non matou a ninguén, só ó Porco de Carril.
- Isto nunca estivo a piques de ser Sicilia, nunca; violencia hai en tódolos lados, tamén en Andalucía.
Non somos unha mafia á italiana: comezamos co tabaco e co gasóil.Somos fillos do contrabando e do estraperlo.
Comprar Baión foi o principio do meu fin, non me gusta vir aquí. Por esta compra pasei trinta e dous anos no cárcere.Que mo quitasen foi un roubo xudicial, mediático e político.Miña muller morreu catorce meses antes de ser xulgada. Por iso a súa parte do pazo debería ser das miñas fillas.Recurriremos no estranxeiro se é preciso.É todo por esta finca maldita.Ela non tiña ningunha condena.
Quitáronme Baión en xaneiro do noventa e cinco. Isto merqueino co tabaco, logo me adiquei ó háxix.
Agora estou xubilado é vivo da miña pensión. Levo unha vida familiar.
Non sei se me arrepinto, de qué vale arrepentirse logo de facer o mal?
Os cárceres non valen para se reinsertar, sí oenegués como a que me acolleu:a San Francisco de Asís.
Nunca me chivei, nunca.Antes morrer mil veces que se chivar. Nunca colaborei coa xustiza.
O meu libro non é unha venganza, eu non son vengativo.
A serie Fariña non representa a realidade do que foi, nin tampouco a serie recolle o que pon o libro.
O libro é unha compilación de recortes de prensa, algúns deles escribiríalos vós.
Poderían ter falado con nós que seguimos estando aquí. Ou con vós os do Salnés que estivestes sempre moi preto d nós.
Sentín a morte de preto en media ducia de ocasións. Unha no Grhove, en Porto Meloxo, nunha historia de tabaco.
Oubiña coñeceu moita xente de arriba e de abaixo, pero cando lle preguntan quén máis lle impresionou é segundo di: José Ramón Prado Bugallo, alias Sito Miñanco.
É amigo meu, é unha gran persoa. Detivérono porque querían celebrar ó grande o cincuenta aniversario da UDYCO.
Era unha celebración “ a rachar” , co “mataelefantes” e todo e querían ir á festa cunha “ cabeza en bandeixa” e foi el.
Hai anos que non falo con Sito, e boa pena que me dá.Sí que falei con algún familiar, e puidéronme confirmar que Sito non tiña o guión de Fariña na casa de Alxeciras.
Sen a axuda das forzas da orde, nunca teríamos chegado a onde chegamos. Eles levaban a súa “ maquía”
Os galegos pagamos por todos. O meu avogado leva a outros narcos de fóra é métenlles menos anos que a nós.
Hai contrabandistas de verdade e tamén hai oportunistas. O que o leva no sangue non ó fai polos cartos. Facémolo pola adrenalina.
Non é un traballo doado, non son cartos fáciles. Nas operacións levaba unha vida de can.Pasaba oito ou dez días cia mesma roupa e case sen comer. Vivindo como unha alimaña.Ás veces para nada porque houbo operacións que saíron mal.
Chegaba á casa logo de tantos días sen comer e non paraba de comer cocido. Terminabas “ rabentado”
Comecei no chollo na taberna dos meus pais. Coas cartillas de racionamento e co estraperlo. A algúns lles sobraba e a outros lles faltaba e aí estábamos nós.
Comecei co café, co gasóil e o tabaco e de aí fun subindo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario