Vistas de página en total

lunes, 18 de junio de 2018

Noticias orfas deste luns

Os veciños de Coruxo reuniránse o martes pola mañá ás dez e media coa Valedora do Pobo. Levaránlle as 5.000 sinaturas para que non desapareza o servizo de pediatría no seu centro de saúde.
-Por qué as analíticas das augas do mar as fai TRAGSA se a administración galega ten biólogos de seu?
-É verdade que as augas das praias de Cesantes e de Arealonga rozan ou rozaron o pasado 12 de xuño os límites saudables mínimos.
- É verdade que a auga de Vigo rebasou os límites de ferro permitido en numerosas ocasións e que a estación potabilizadora que deberían pagar concello, xunta e ministerio, contruída nos anos sesenta está obsoleta?
Son noticias que non gustan, algunhas ninguén as confirma e outras ninguén as quere publicar. Son: noticias orfas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario