Vistas de página en total

domingo, 10 de junio de 2018

Moi local

Na miña empresa cando non quieren cubrir algo din que é moi local.
Pero hai algo local en Galicia? Un lugar  tan pequeno onde os de Vigo van a Ourense á vendima. Os de Lugo van ó Ikea da Coruña. Os de Monforte veñen á praia a Samil.
A todos nos importa todo, porque podemos ir pola mañá ás Cíes e pola tarde á Ópera á Coruña ou de viños á Ribeira Sacra.
Porque todos temos un amigo en Lugo, un curmán en Ourense ou un cuñado na Coruña.Aquí nada é local. Ou é que o local non gusta?. De verdade que é máis local o hospital de Vigo que a Gran Vía?
E agora xa queren retirar a información local; esa que todos sintonizamos a horas predeterminadas. Esa que tanto nos gusta: o tráfico e a temperatura, os eventos da cidá*. A menos dez na miña emisora de referencia.
Esa que escoitamos no coche, na ducha ou ó almorzar.
E quitemos a cultura e poñamos fútbol desas horas como todos os demais.
E enchamos un baúl coas noticias orfas: os de Coruxo sen pediatra, os derrubos de Vilaboa é mil cousas máis

No hay comentarios:

Publicar un comentario