Vistas de página en total

domingo, 24 de junio de 2018

Logo non sacandes nada





Cada día é unha aventura diferente, aínda que o guión sexa sempre o mesmo: frío, calor, turismo, cruceiros, ocupación hosteleira, empresas que xeran emprego, conselleira-arriba, conselleiro-abaixo, coello de tres orellas, ataques de xabaríns, ou de cans, Quinteiro-arriba, Quinteiro-abaixo, lío na Marea, lío no PSdG, felicidade no PP.

O problema é cando se saen do guión. Queremos queixarnos da Xunta, queremos criticar a Feijóo, non queremos que a APLU bote abaixo a nosa vivenda...

É entón cando ás veces non saen.E nós que volvemos ós lugares do delito con relativa cotidianeidade, temos que escoitar como nos din. “ Logo non sacandes nada”, “ logo xa < tragiversades vós>.

E cada vez escoitámolo máis, porque hai personas da dirección que botan a culpa ós equipos da rúa ou os centros provinciais das decisión que toman eles logo de pasar mil filtros.

Hai catro ou cinco anos uns meus primos de Valencia criticaban Canal Nou. Dicían e agora que a pecharon os traballadores se queixan de manipulación, cando cobraban e tiñan emprego nunca lles importou!

Quedei de pedra, pero tiñan razón! Pois iso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario