martes, 27 de julio de 2021
O baile dos estorniños, Xabier Quiroga
Un dos mellores novelistas do país volve publicar este ano. Quiroga vólvenos levar de pasada ó seu territorio mítico, ó seu Bouzuás, ó seu Macondo.
Faino cunha novela engaiolante de grandes dimensións: oitocentas páximas e excesivas digresións políticas.
Cunha marabillosa linguaxe chea de marabillosos termos a piques de esquecer no galego urbán.
Quiroga fala da dureza da postguerra, da crueldade dos fascistas, das técnicas de guerrilla. De persoas que son verdadeiros sobreviventes en tempos duros. Da afouteza das
mulleres e do machismo salvaxe e masculinidade tóxica de moitos homes daquel tempo.
A obsesiva pulsión sexual do Carlos, un verdadeiro depredador sexual de femias que non deixa pasar unha, lonxe de calquera tipo de ética ou moral. Ben certo é que as máis delas caen soas ós seus pés pero outras
sofren abortos, embarazos ou coitos non desexados, nunha época en que o sexo non era tan superficial e epidérmico como hoxe. As relacións relátanse com toda s súa crudeza e rudez que ás veces pensei se estabamos diante do Christian Gray de Bouzuás.
A novela é amena e lése ben.Mantén o interese e a tensión narrativa ata o final; mesmo cun desenlace inesperado; non a deixen de ler!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario