Acábome de enterar que o ATSA xa non opera entre Vigo e O Val Miñor é o Baixo Muño desde hai dous anos. Vaia mágoa!! Dixéronme tamén que seica a nova empresa dá bastante mal servizo, cousa que segundo o meu criterio non ocorría coa ATSA.
Para os da miña xeración o ATSA , tamén chamado “Atesa” ( cadaquén pronuncia as siglas como quer) é algo máis cá un bus, case case como un VITRASA ou como foi o tranvía para os nosos pais.
Coa súa desaparición algo morre tamén en nós.Aí se os ATSAS falasen!!!!
Noites de ida e volta de marcha a Baiona. Días de praia en Patos ou Panxón. Noites de San Xoán. Verán a enteiros indo ás pasantías de Vigo e volvendo a comer. Unha pena a verdade. Cando desaparecen algúns bares ou algunhas empresas algo se rompe en nós.
Eu nunca fun moi Atsista, aínda que algún collín na Volvo ou en Roche Bobois, eu fun máis de Cerqueiro a Liméns ( con marabillosas sintonías) e de Vapores de Pasaxe ( tamén moi musical); outra que desapareceu.
Pero aínda así ben sei que algo de nós foise co ATSA, non sei se a Baiona a Nigrán ou a Tui.
No hay comentarios:
Publicar un comentario