O 11 m de 2004 pola mañá eu estaba na xerencia de urbanismo de Vigo, supoño que sería un xoves, as xerencias adoitaban ser os xoves e daquela os xornalistas podíamos asistir á xerencia de urbanismo : ver qué se votaba, escoitar as discusións e ver ben quén votaba qué: agora a aquel espectáculo algo lercho pero moi democrático xa non podemos ir.
Aínda aprendimos algo de edificabilidades, espazo rururbano ou dotacional ou sobre as fichas do PXOM.
E aquel día saltou a noticia do atentado; con esa mente enferma que ás veces temos xa pensamos moi rápido que de ser un atentado de ETA o PP volvía gañar as próximas eleccións. Vése que non o pensamos só nós porque Aznar pasou non sei se varias horas ou varios días en chamar a redactores de medios para insistir en ETA, unha mentira descarada que ó final se desvelou. Con escasa marxe de tempo sóubouse ou se intuíu que os responsables eran outros.
Logo chegaron os “ pásalo” e os escraches diante das sedes do PP; son cousas que ás veces deberíamos lembrar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario