Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Sogras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sogras. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de enero de 2017

Sogras

Chamarémoslles sogras a todas esas persoas noxentas que hai en todas as familias, a esas que estes días campan nos xantares de nadal ou nas ceas de Noiteboa e Reis. Eses que preguntan por qué non hai vieiras este ano, eses que din que aquilo ten pouca cebola ou moita, eses que din que non teñen fame e se poñen morados. Eses que veñen á túa casa cunha botella de sidra O Gaiteiro e dous panos de cociña. Eses que aínda estando todo malo se levan os restos nun tapergüer. Eses que critican que a esquela da túa nai fose demasiado grande ou demasiado pequena. Eses que fan destas festas un desastre noxento.Eses que nos fan sentir arcadas cada vez que sentimos as primeiras panxoliñas. Eses están aí nadal tras nadal agardando a que alguén os convide, e logo falan dos "cuñaos".