sábado, 4 de marzo de 2017
Reflexións sobre turismo
O ano pasado visitaron Galicia 5.000.000 de persoas.O trinta por cento delas foron estranxeiros. O goberno galego tomou o turismo como industria clave, polo menos no mediático.
Eu penso que non somos un país turístico: apenas nos tocan 2 turistas por cada habitante.Somos ademais moi dependentes do sol.
Os xaponeses estánse volcando con Galicia desde o Irmandamento con Xapón e polos camiños de peregrinaxe que compartimos.Son turistas moi interesantes.Enchen Compostela en tempada baixa de novembro a marzo, e teñen gran poder adquisitivo.Veñen tamén moitos americanos logo da exhibición de The way.Pero queda moito por facer, moito máis que publicidade interna e autobombo.
Que se preparen na Ribeira Sacra para os turistas que veñan coa novela do Planeta baixo o brazo:"Todo isto che darei" de Dolores Redondo.
Grazas a internet calquera empresa, calquera concello con algo de creatividade e páxinas en varios idiomas pode sen depender dos turoperadores atraer persoal.
Ás veces as catástrofes tamén nos poñen no mapa, tristemente como o Prestige, que permitíu que espectadores do mundo enteiro visen a beleza das nosas costas.
A volta ciclista penso que nos custa máis que o que dá. E o fútbol, o deporte rei tamén nos amosa por aí.Pero seguimos moi colgados do sol que aquí nos é bastante infiel, e do marisco e de mil tópicos máis.Queda moito por facer: máis que invitar a paparotas e a mariscadas en Fitur
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Un tema complicado, este del turismo (masas inmensas de turistas, me refiero).
ResponderEliminar