Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta caciques. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta caciques. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de febrero de 2016

Baltar II, dereito de pernada

Herdar o cargo de papá, facer cos teus vasalos o que te pete, traficar con traballo público a cambio de favores sexuais persoais, e logo non cumprir supostamente. Parece que isto é normal no Cacicato de Baltar II e non estamos na Idade Media, ou sí? E aínda hai quen o defende porque non lle deu o traballo á opositora que acosou! Peor aínda pedazo de cínicos, e como quen vai de putas e non paga para lle dicir á muller que non foi! Qué pena de pobre país enfermo! Caciques de pais a fillos e con dereito de pernada tamén?

viernes, 21 de diciembre de 2012

O primeiro gran fracaso do último cacique

Rafa Louzán muñiu manu militari grandes acordos políticos na provincia entre sabas e manteis.Nalgúns concellos aínda trousan co seu recordo.Convenceu a Nava Castro para que volvese ó PP, conseguiu para Nidia a cadeira de Mos, rodeada de gardacostas; o trono do Porriño para Nelson,Moaña tamén se volveu azul, malia o vermello que ditaban as urnas e se cadra manexou tamén no norte da provincia e houbo máis casos no sur. Pasou de bedel do concello de Ribadumia, a gran cancerbeiro popular; pasou de colaborador de Nené Barral a compañeiro de Feijóo; de bolseiro de Baltar a rei dos caciques todos. Pero hai dúas numancias que se lle resisten, a cidade do Lérez e e do Lagares.Aquí non pinta nada, ou moi pouco, tan pouco que ata de Pontevedra se lle van tres edís, aínda que llo quere prohibir a un. Ai, Louci, Louci que non sempre funciona a Samsonite ou é que desta vez non houbo Samsonite?