Vistas de página en total

domingo, 17 de febrero de 2013

A min que me Aspen!!!

Non teño idea de fútbol, pero hai tempo que teño a estrana sensación de que no Celta só xoga Iago Aspas. Paréceme que é case o único que mete os goles, é o "pichichi" que todos queren fichar,mesmo a selección española. Poderían ser paranoias miñas; pero onte Paco Herrera viumo confirmar botando a culpa do resultado en Getafe ó carismático moañés.Se non xoga Aspas, non hai partido...

viernes, 15 de febrero de 2013

Nunca facemos nada

Con xente coma nós non habería revolución francesa, nin maio do sesenta e oito. Tragamos con todo, si. Laisser faire, laisser passer. Esa etena revolución pendente, e iso que aquí si, en Vigo, baixo os adoquíns está a praia

domingo, 10 de febrero de 2013

Os chopos de Coia

Os chopos de Coia deixaron máis follas que os bidueiros e noutono, pero follas de xornal. Os chopos de Coia foron trending topic de nadal a febreiro; tanto no faro coma na voz coma no xornal oceánico, ou nas roldas de prensa do PP. Os chopos de Coia xa son máis famosos que o olmo de Machado.Os chopos de Coia deben ter xa unha causa en change.org, xa teñen os seus poemas e os seus corazóns espetados e hai quen di que a punto estivo Tita Cervera de vir atarse a eles. Son unha causa romántica e ecoloxista. Son o único verde nun barrio gris escuro de cemento habitado por traballadores do metal e de caixanova. O único verde que apodrece e que cobre os coches coas súas pólas e as casas todas dunha manta de pole branco. Os veciños deste barrio de aluvión están fartos dese po en suspensións, deses flocos, desas faíscas, desa alerxia e dessa caída de árbores. Pero nós, os que vivimos no centro, os do PP,os do Atlántico, os do Faro ou os da Voz, ou os ecoloxistas e mesmo os da asociación veciñal vémo-las árbores a trinta quilómetros de velocidade desde o coche e pensamos qué bonitas son! Porque alí as colocou o paisaxista Francisco de Sales e configuran un bonito paseo cuxas molestias non temos que aturar. Os chopos de Coia son xa como o olmo de Machado ou a árbore de Guernica, ou a oliveira do escudo vigués que tanto arraigaron que ninguén pode xa con eles.

sábado, 9 de febrero de 2013

Potito party, de "Perdidas nas Cíes"

Na Illa de Perdidas vívese un cambio tecnolóxico sen precedentes cando a produtora decide enviar unha unidade móbil nova. Podiamos facer un programa de radio di Choni todo chea, feita un brazo de mar. Maruja abre os ollos e só pensa que aquilo lle vai dar máis traballo e non pode soporta-la idea, Pija segue a buscar cobertura co aifon 5. Si, si, esta decidido imos facer un programa de radio, de corte feminino; falaremos deses temas que tanto interesan a nó-las mulleres: nenos, maridos, roupa, tecnoloxía, decoración... médicos... Sí, si di Maruja que xa lle empeza a ve-lo punto ó novo programa. Ás nove facemos a primeira rolda de conexións: ademais da hora e da temperatura, a xente que chame contará qué tal pasou a noite o seu bebé, faremos un seguemento en detalle de tódalas que nos chamen. Sí, sí que guai, di Pija, que xa se estaba afacendo ás conversas sobre, cueiros, apiretais, dalsis e zurullos infantís de tódalas cores e espesuras. Este microespazo pódenos levar unha hora, porque estes temas interesan moito e pásase o tempo nun salouco. Faise curto mesmo. Sí, si di Maru, a xente pode chamar e consultano-las súas dúbidas sobre os xenéricos... Logo teremos que dedicarnos un pouco ás actividades do reality show: a pesca de fanecas, e de rapantes para comer, pero sen estrés eh? di Maru. Ás once e media break coffe di Pija. Cómo? pregunta Maru, qué é bricofi? Pausa para o café di Pija, carallo parece como se nunca saíses da Gran Vía, Maru,hai que viaxar máis, aínda que sexa de cámping... Se alguén ten que facer unha compriña, a hora ideal é esta logo de break coffe di Choni. Aí nos queda un ratiño no que podemos volver ás actividades propias do reality show. Pero xa á unha é unha boa hora para facer unha rondiña de guasaps, deses que parecen power points e que son moi divertidos, a min mólanme eses do gatiño que fala son ideais di Maru. Eu teño uns moi bos pero só se poden transferir a móbiles de apple di Pija, falando do único que fala desde a chegada dos smartphones... Unha e media, tertulia no bathrroom di Pija, si, si unha conversa informal no baño, iso dálle moito xeito a calquera programa como en Gran Irmán ou Ally Mcbeal di Choni. Pero a Maru, non lle convence, non quere que se lle apalanquen no baño, onde ela pasa as horas mortas perdendo o tempo e zafando do chollo, aínda que non se atreve a dicir nada. E chegamos ás dúas di Choni, haberá que parar para comer algo non? E así pasan os días ata que o planning do novo programa de radio non é aprobado pola cadea de televisión. - Joer, se isto parece un programa da sección feminina, a quen carallo pode interar tanto potito, tanto cueiro e tanto guasap...? Di o director xeral!

sábado, 2 de febrero de 2013

De como chegou a tarxeta do crego de Pazos de Borbén a un puticlub do Porriño

Sucedido periodístico, baseado en narracións orais. Pazos,la nuit, ou Pazos, exterior, noite como prefirades. Catro ghichiños, catro, tres de fala galega e unha muller portuguesa abren a cancela do camposanto de Pazos de Borbén, atravesan o adro,e rompen a porta da casa reitoral. Mallan no crego,átano de pés e mans e amordázano tamén logo de esixirlle a tarxeta do banco,e a clave. Déixano deitado no chan coa cabeza baixo a cama.Como tódolos bos atracos rematan cunha fuxida, un dos catro fuxiu, outros dous volveron á casa; e o último deles rematou nun puticlub do Porriño, moi sabiniano el. Deberon "rularse" a tarxeta e puliron 1.700 euros en caixeiros e puticlub. E non sei se foi "Maruja la cachonda" a que cantou ou foi o ronsel da "Servired", aínda que a vella que nolo contou nos dixo que o crego era de Caixanova e o puticlub do Pastor, algo que debeu dificulta-la investigación, o caso é que os tres remataron na Lama, e a operación está por pechar...

domingo, 27 de enero de 2013

Parque Natural de Ca Bárcenas

30.000 hectáreas, A Moralexa arxentina, en Salta.Hai quen di que ademais había animais e que alí ía cazar Fraga, cando aínda era líder da oposición. Fragmentando a Machado, o pasado de Bárcenas "son lembranzas dun horto claro onde madura o limoeiro.A miña historia, algúns casos que lembrar non quero..." Ou si?

jueves, 24 de enero de 2013

La más lista de la clase

No soporto a la gente que se cree superior, ni por lista, ni por rica, ni porque... añadan cualquier cosa. Últimamente se me quedan las pestañas rígidas en alto escuchando tanta estupidez. Nosostros somos los más listos, esto lo hago yo mejor que nadie. Esto es así porque lo digo yo. Mi verdad es "la verdad". Lo que me gusta es "lo que mola" en general. Lo que ha ocurrido antes de que yo naciera, no es historia, o no es importante. Somos los mejores y ya está, los más inteligentes, y que los demás nos rindan pleitesía. Todo lo que hacen los demás es cuestionable o criticable, mis errores son anécdotas graciosas que me humanizan. Y ya estoy harta, joer! Que no son tan listos,ni tan inteligentes, ni saben tantas cosas; y obviamente no son sensibles. Si tan listos fueran no tendrían que repetirlo cada dos segundos y decirlo ellos mismos. Somos la mejor generación, somos la mejor redacción, somos de puta madre, somos los más guais, los más modernos, los más auténticos, los más cultos... Pues mira, no. Antes de vosotros había mundo, hay otras vidas, otros planetas e incluso otras inteligencias y otras sensibilidades. A mí me aburre tanta sabiduría, tanta supuesta inteligencia. Y es que son pesados como aquellas enciclopedias antiguas de doce tomos: la Sopena, la Espasa y las demás.