lunes, 18 de febrero de 2013
domingo, 17 de febrero de 2013
A min que me Aspen!!!
Non teño idea de fútbol, pero hai tempo que teño a estrana sensación de que no Celta só xoga Iago Aspas. Paréceme que é case o único que mete os goles, é o "pichichi" que todos queren fichar,mesmo a selección española. Poderían ser paranoias miñas; pero onte Paco Herrera viumo confirmar botando a culpa do resultado en Getafe ó carismático moañés.Se non xoga Aspas, non hai partido...
viernes, 15 de febrero de 2013
Nunca facemos nada
Con xente coma nós non habería revolución francesa, nin maio do sesenta e oito. Tragamos con todo, si. Laisser faire, laisser passer.
Esa etena revolución pendente, e iso que aquí si, en Vigo, baixo os adoquíns está a praia
domingo, 10 de febrero de 2013
Os chopos de Coia
Os chopos de Coia deixaron máis follas que os bidueiros e noutono, pero follas de xornal. Os chopos de Coia foron trending topic de nadal a febreiro; tanto no faro coma na voz coma no xornal oceánico, ou nas roldas de prensa do PP.
Os chopos de Coia xa son máis famosos que o olmo de Machado.Os chopos de Coia deben ter xa unha causa en change.org, xa teñen os seus poemas e os seus corazóns espetados e hai quen di que a punto estivo Tita Cervera de vir atarse a eles.
Son unha causa romántica e ecoloxista. Son o único verde nun barrio gris escuro de cemento habitado por traballadores do metal e de caixanova. O único verde que apodrece e que cobre os coches coas súas pólas e as casas todas dunha manta de pole branco.
Os veciños deste barrio de aluvión están fartos dese po en suspensións, deses flocos, desas faíscas, desa alerxia e dessa caída de árbores.
Pero nós, os que vivimos no centro, os do PP,os do Atlántico, os do Faro ou os da Voz, ou os ecoloxistas e mesmo os da asociación veciñal vémo-las árbores a trinta quilómetros de velocidade desde o coche e pensamos qué bonitas son! Porque alí as colocou o paisaxista Francisco de Sales e configuran un bonito paseo cuxas molestias non temos que aturar.
Os chopos de Coia son xa como o olmo de Machado ou a árbore de Guernica, ou a oliveira do escudo vigués que tanto arraigaron que ninguén pode xa con eles.
sábado, 9 de febrero de 2013
Potito party, de "Perdidas nas Cíes"
Na Illa de Perdidas vívese un cambio tecnolóxico sen precedentes cando a produtora decide enviar unha unidade móbil nova. Podiamos facer un programa de radio di Choni todo chea, feita un brazo de mar. Maruja abre os ollos e só pensa que aquilo lle vai dar máis traballo e non pode soporta-la idea, Pija segue a buscar cobertura co aifon 5.
Si, si, esta decidido imos facer un programa de radio, de corte feminino; falaremos deses temas que tanto interesan a nó-las mulleres: nenos, maridos, roupa, tecnoloxía, decoración... médicos... Sí, si di Maruja que xa lle empeza a ve-lo punto ó novo programa.
Ás nove facemos a primeira rolda de conexións: ademais da hora e da temperatura, a xente que chame contará qué tal pasou a noite o seu bebé, faremos un seguemento en detalle de tódalas que nos chamen. Sí, sí que guai, di Pija, que xa se estaba afacendo ás conversas sobre, cueiros, apiretais, dalsis e zurullos infantís de tódalas cores e espesuras.
Este microespazo pódenos levar unha hora, porque estes temas interesan moito e pásase o tempo nun salouco. Faise curto mesmo. Sí, si di Maru, a xente pode chamar e consultano-las súas dúbidas sobre os xenéricos...
Logo teremos que dedicarnos un pouco ás actividades do reality show: a pesca de fanecas, e de rapantes para comer, pero sen estrés eh? di Maru.
Ás once e media break coffe di Pija. Cómo? pregunta Maru, qué é bricofi? Pausa para o café di Pija, carallo parece como se nunca saíses da Gran Vía, Maru,hai que viaxar máis, aínda que sexa de cámping...
Se alguén ten que facer unha compriña, a hora ideal é esta logo de break coffe di Choni. Aí nos queda un ratiño no que podemos volver ás actividades propias do reality show.
Pero xa á unha é unha boa hora para facer unha rondiña de guasaps, deses que parecen power points e que son moi divertidos, a min mólanme eses do gatiño que fala son ideais di Maru. Eu teño uns moi bos pero só se poden transferir a móbiles de apple di Pija, falando do único que fala desde a chegada dos smartphones...
Unha e media, tertulia no bathrroom di Pija, si, si unha conversa informal no baño, iso dálle moito xeito a calquera programa como en Gran Irmán ou Ally Mcbeal di Choni. Pero a Maru, non lle convence, non quere que se lle apalanquen no baño, onde ela pasa as horas mortas perdendo o tempo e zafando do chollo, aínda que non se atreve a dicir nada.
E chegamos ás dúas di Choni, haberá que parar para comer algo non? E así pasan os días ata que o planning do novo programa de radio non é aprobado pola cadea de televisión.
- Joer, se isto parece un programa da sección feminina, a quen carallo pode interar tanto potito, tanto cueiro e tanto guasap...? Di o director xeral!
sábado, 2 de febrero de 2013
De como chegou a tarxeta do crego de Pazos de Borbén a un puticlub do Porriño
Sucedido periodístico, baseado en narracións orais.
Pazos,la nuit, ou Pazos, exterior, noite como prefirades. Catro ghichiños, catro, tres de fala galega e unha muller portuguesa abren a cancela do camposanto de Pazos de Borbén, atravesan o adro,e rompen a porta da casa reitoral.
Mallan no crego,átano de pés e mans e amordázano tamén logo de esixirlle a tarxeta do banco,e a clave.
Déixano deitado no chan coa cabeza baixo a cama.Como tódolos bos atracos rematan cunha fuxida, un dos catro fuxiu, outros dous volveron á casa; e o último deles rematou nun puticlub do Porriño, moi sabiniano el. Deberon "rularse" a tarxeta e puliron 1.700 euros en caixeiros e puticlub. E non sei se foi "Maruja la cachonda" a que cantou ou foi o ronsel da "Servired", aínda que a vella que nolo contou nos dixo que o crego era de Caixanova e o puticlub do Pastor, algo que debeu dificulta-la investigación, o caso é que os tres remataron na Lama, e a operación está por pechar...
domingo, 27 de enero de 2013
Parque Natural de Ca Bárcenas
30.000 hectáreas, A Moralexa arxentina, en Salta.Hai quen di que ademais había animais e que alí ía cazar Fraga, cando aínda era líder da oposición. Fragmentando a Machado, o pasado de Bárcenas "son lembranzas dun horto claro onde madura o limoeiro.A miña historia, algúns casos que lembrar non quero..." Ou si?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)