Vistas de página en total

domingo, 13 de octubre de 2013

A fin dunha época

Moitos dos que se coñeceron en Vanitas celebraron os seus convites de voda no Castillo do Castro; agora xa ningún deles existe.

sábado, 5 de octubre de 2013

De Goián a Antícoli: Antonio Fernández; in memoriam

Algo pasa en Goián cando está inzado de pintores, escritores e artistas. Se cadra é a súa doce paisaxe arraiana ou o espello do Miño que o separa da terra de Cerveira. Un dos seus máis insignes pintores recibe estes días homenaxe do concello e das asociación culturais do lugar. Ata o vinte de outubro pódese ver no delicioso Centro Goianés ( que en dous anos cumplirá un século de vida) unha escolma da obra deste pintor amante da paisaxe e mentor do tamén goianés, Xabier Pousa. Nado en 1882 na vila Tomiñesa e finado tamén alá no 1970, Fernández deixou como os grandes fonda pegada nese lugar en que naceu. Contemporáneo de Benlliure e Sotomayor; Antonio viviu en París, Brasil e Italia. Os museos de Castrelos, e Fundacións como a María José Jove e a Xabier Pousa cederon obra para que a mostra fose posible. A exposición remata o vinte, pouco tempo é; pero durante doce meses Goián renderálle homenaxe ó pintor que tan ben a soubo retratar.

martes, 1 de octubre de 2013

Luis Enrique espabila mi amol

Disque Luis Enrique ten unha fórmula aprendida no Barça que aquí non funciona o 4-3-3. Disque non aspira máis que a que o equipo non baixe, moi cutre parece ese propósito. Desfacernos do Luis Enrique e do seu equipo, psicólogo incluído pode valernos dous millóns de euros porque asinaron por dous anos. Disque agora tamén que a hipotética fichaxe de Luis Enrique foi un bulo ben movido e que o Barça nunca pensou nel. Na época de interné* e das redes sociais poner un ruxe-ruxe en circulación apenas custa un can. E aquí temos o noso galán de culebrón, coas súas gafas de pastilleiro ou de autobuseiro ibicenco que vén sendo o mesmo. O noso Luis Enrique que leva menos de media ducia de capítulos e non consigue remontar; cando pasa iso nas canles de t.v cambian a programación.

Peixes low cost: entre o panga e a tilapia

Hai quen non toma peixes de cultivo e hai quen non os para de comer. Os rodaballos de piscifactoría ou as robalizas cultívanse aquí, aínda que sexa en cubas e coman piensos. Menos de fiar son os pangas ou as percas que se cultivan en Asia en augas de dubidosa salubridade e con tratamentos hormonais que nonn pasarían o test dun país do primeiro mundo. Este verán coñecín a "tilapia" nunca tal escoitara, mireina nun autoservicio dun hotel, estaba en filetes coido, pareceume esbrancuxado e sen xeito. Aquí en Vigo non se atreven con el. No mundo cultívana os chineses, os exipcios e os brasileiros... e como todo o barato arrasa. A min, non me apetece! Din que ademais a súa pel vale para facer zapatos,mesmo os famosos Manolos hainos de pel de tilapia. E tamén son eses peixes de tratamento dos pés. Cada vez apetece menos levalos ó prato!!!

sábado, 28 de septiembre de 2013

Ardicia Editorial, un soño de papel

Rescatar do esquecemento os clásicos literarios europeos e volcalos por vez primeira ó castelán é a épica aventura na que se acaban de embarcar un grupo de amigos entre os que hai un xornalista,e un matemático pontevedrés.Así nace ARDICIA EDITORIAL. Un proxecto que aínda é un bebé e que se bautizará este mércores dous de outubro ás oito do serán na Librería "LA CENTRAL DE CALLAO" na rúa Postigo de Madrid. Ten mérito montar unha editorial en papel agora que case ninguén compra libros. Oxalá teñan sorte. Ardicia é un proxecto literario exquisito. Non sei quen será o crego deste bautizo, pero o padriño vai ser Luis Antonio de Villena. Ardicia significa devezo,desexo... e é unha editorial independente acabada de nacer. Polo de agora só ten dous títulos. MONSTRUOS PARISINOS de CATULLE MENDÈS e EL LIBRO DE JADE de Judith Gautier. Dito así Gautier soa a outra cousa pero malia estar casada, Gautier foi amante de Vítor Hugo e Richard Wagner e colega de Mallarmé, Flaubert e Sargent. Pero ademáis ARDICIA é un pouco galega tamén. Porque un dos seus tradutores é de Pontevedra.Chámase José Manuel Ramos González e é profesor de mates no Instituto Xunqueira I da vila do Lérez. Amante dos números e das palabras tamén Ramos González traduce nos seus ratos de lecer. El é parte vital deste novo proxecto literario que debería ter toda a sorte que merece.

Primeira treboada nas Cíes, webculebrón

Maruja chega ó set de gravación e abre a fiestra sen preguntar a ninguén se lles importaba que o fixese. O vento zoa, a primeira treboada xa está aquí.Pero Maruja non ten frío, senta nunha cadeira e deita a súa chaqueta sobre o respaldo. Pija acode presta a revira-la chaqueta e ver de que marca é, tamén toca de xeito vagamente despistado o bolso de Maruja para ver se é de coiro ou non. Como está medio aberto descobre que leva una Caixa de Diazepam dentro. Manda carallo; a jicha está chámame ionqui por tomar Dormidina 20 e ela mázase a Diazepam. Cousiñas hai que vere* Choni e Maruja cando se aburren xogan ós xefes coma se fosen nenas, podía terlles dado por xogar ós médicos ou á pita altura, pero elas xogan ós xefes...

lunes, 23 de septiembre de 2013

Espectáculos lamentables

Mólame ir ó concello de Vigo,por cuestión de traballo claro. Cada un ten as súas perversións. Aínda non sei moi ben por qué. Nunca atan, nin desatan, embarullan, ensarillan e andan sempre de lideira en lideira. A maioría relativa do PSOE afórranos algunhas escenas dictatoriais, pero o bloqueo constante dalgunhas accións de goberno fai tamén que dotacións como Peinador estean a piques de pechar ( permitídeme a esaxeración). E aquí está a xeración que vai matar Peinador:Abel, Iolanda e Chema. Orgullosos estarán, un por outro; outro por un..."entre todos la mataron...." O PP de Vigo non quere subvencionar Peinador, tampouco o BNG.Sí que hai cartos para A Coruña e para Santiago, que parecen que non respetan e mesmo aproveitan esa ética de non subvencionar que só parece existir en Vigo. E así a golpe de talón é como se goberna o país.Obrigando a que trescentas mil persoas teñan que ir a unha cidade de oitenta mil para coller un vóo. E logo case todos a pelexar por ver quen di a última palabra, para sabe-lo que dixo o outro e retrucarle!! Ai que pena de país!