martes, 29 de octubre de 2013
De putas por Nigeria
Chamábase Uniti Obo, alias Gift John e tiña vinte e tres anos, como tantas outras, entre elas a súa irmá ,exercía a prostitución na zona de Beiramar.
O seu corpo apareceu aboiando nas augas de Bouzas en novembro de 2006 unha fin de semana, e deuse por morte natural. Nixeriana,inmigrante, pobre, negra e puta. Ninguén mirou por ela. Ningunha muller cae soa ó mar.
Daquela sempre pensei que un cliente a matara, pero na poli insistían no accidente, que caera á auga sen máis.
Parecía interesante investigar quen foi o seu último cliente, pero as forzas da orde decidiron que había demasiado ADN no seu corpo e que podería ser de calquera cliente anterior.
Agora case sete anos despois semella que todo encaixa. A Policía recoñece que na captación destas mulleres tivo que ve-lo vudú. Esa seudorrelixión africana chea de ritos atávicos e na que elas cren con fe cega.
Agora parece que se entende por qué aquela fin de semana case ninguén quería falar.
Quen estivo nas honras fúnebres lembra as bágoas da súa irmá, e os ollos asexantes dos homes que as controlaban e que lles ían recolle-los cartos cada vinte minutos.
Daquela non importaba. Agora sí. Agora sete anos despois, porque semella que hai orde gubernamental de reduci-lo número de estranxeiros, agora si que importa. Agora se investiga a mafia, a trata e a venda de mulleres.
Agora tamén se vai investiga-la norte de Uniti Obo, por se algún proxeneta a matou. Agora sete anos despois, se cadra é demasiado tarde; ou se cadra non, porque probablemente xa sabían daquela quen a matou.
lunes, 28 de octubre de 2013
Me gusta el cine español
No entiendo por qué no les gusta el cine español. Si Montoro parece Filemón, y todos juntos parecen Pepe Gotera y Otilio. Si su acción de gobierno parece un spaguetti western, las tropelías de Bárcenas simulan las de Curro Jiménez.
Es el cine español el que nos ha llevado al MOMA y a Mónaco. Son Almodóvar, Amenábar o Fernando León los que nos hacen interesantes a ojos de los demás. Pero nuestro gobierno prefiere pagar a una empresa para que decidan qué es la marca España. Y ellos apuestan por la Casa Real, por los toros, la bandera, por empresas obsoletas, enfín por la caspa y por la grasa en general. La España de paella, de sangría y Manolo Escobar. Y la verdad así conmigo que no cuenten; si es así yo estoy más con Albert Pla que con ellos.
Y les recomendaría unos títulos muy acaídos además: " El Rey pasmado", "La puta del Rey",o "Coge el dinero y corre" (Esta es de Woody Allen pero pero podría haberla grabado aquí); y sobre todo ¿Qué he hecho yo para merecer esto?
sábado, 26 de octubre de 2013
Paramundo noticioso
Da igual la realidad. Nosotros seguimos con nuestras vainas.Los perros sueltos, los baches, los jabalíes que se jalan las cosechas y así...
"O coro do cárcere" ou "Encarcerados"
Hai cárceres e cárceres! O vello de Vigo na avenida de Madrid onde a xente quedaba tolleita pola humidade, o vellísimo da rúa do Príncipe no que disque aínda hoxe hai pantasmas e o novo da Lama, chamémoslle "A Lama Spa Resort" comparado cos anteriores.
Aínda que os hai mellores.Son os Relaix Chateaux dos "trullos" Cando alguén importante comete un delito e ten que ir á cadea ;no caso de ir, non vai a calquera lugar, non.
Mario Conde, Blesa, Mariano Rubio ou Roldán non foron á Lama nin a Pereiro de Aguiar. Iso no caso de ir, porque hainos que deberían entrar e non dan entrado ou saen nun pispás como o Blesa. Feijóo 009 fala de "Tarifa plana" por matar, referíndose á supensión da Doutrina Parot; pero o de Blesa máis que tarifa plana, se cadra foi prepago.
Pero volvamos ó de antes. Se ti es un delincuente con caché con vas a Almussafes ou a Can Brians. Mándanche a Brieva aínda que sexas un home, ou a Soto del Real cun preso riquiño que che faga compaña.
Algúns cárceres españois téñenme resonancias universitarias como El Dueso que parece o Deusto das prisións, ou "Alcalá Meco" que ben podería ser Alcalá de Henares.
Son cárceres con nivel, onde podes coincidir con xente importante, aínda que non toda a que debería estar alí.
Dalgunhas podes saír con título universitario e de todas segundo acabo de ver saes cando estás licenciado.
" Gaudemos Igitur".
martes, 22 de octubre de 2013
Chonilandia
O imperio das chonis xa non ten volta atrás. Aí están as monster high e as monsters en xeral.
Malia a chegada da Carbonero ó mundo dos blogs e as lovelypepas que no mundo son. o fenómeno non recúa.
Só cómpre ve-las baldas de Inditex: cheas de skay, de veludo barato e de "polipiel"( qué postfranquista "polipiel"). Claro que Cris Hipocrática en vez de postfranquista diría "vintage" ou tonecha mellor?.
O caso é que esta é una viaxe sen retorno: a velocidade superchónica!!
lunes, 21 de octubre de 2013
Marisabidillas e gobernichas
Lévoo dicindo desde hai tempo, pero un día vouno facer. Haiche xente moi goberneira por aí, moi mandarica que se meten onde ninguén as chama e un día voulles dici-lo que merecen.
E o día que lles dea o corte que merecen igual teñen que amputar.
"Y yo más" "Y yo más" "Y yo más". " Yo lo sé" e a verdade téñenme chea e o día menos pensado,xa saben :vounas mandar ó carallo, ó quinto pino ou onde sexa que non as volva ver máis!!! Porque aínda que non o pareza, a verdade contéñome moito.
viernes, 18 de octubre de 2013
Ataque de cuernos!!!
Cuando te ponen los cuernos, por lo menos que lo hagan a lo grande; con una famosa o con un tío. Que así mola más! De perdidos al río! Ya que duele, que duela tanto, que ya no sientas dolor!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)