Vistas de página en total

561,022

lunes, 31 de diciembre de 2018

Dramas de pijos

Me cortaron el pelo de más, me lo aclararon demasiado. Este año no conseguí el alquiler de la casa en    Playa América. No hay mesa en mi bar favorito; no encontré talla de la camiseta. Me toca trabajar fin  de año y así todo el rato!

sábado, 29 de diciembre de 2018

A carreira polo cultivo do primeiro polbo en catividade



Esta é Carmiña Vacaloura. Unha larva de polbo que pasou a súa adolescencia e mocidade no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. A que é riquiña? Semella unha estrela de ma ou unha "medusa" ou augamar. Fotografouna e gravouna o biólogo Álvaro Roura que traballa nesa institución nun proxecto para Armadora Pereira.
 Polo primeiro polbo de cría compiten dúas empresas viguesas: Nova Pescanova e Pereira onda dúas institucións senlleiras da cidade: o Instituto Oceanográfico e o de Investigacións Mariñas.
O ciclo do polbo é moi interesante. É un animal sumamente intelixente.Pasa os seus sesenta primeiros días de larva nadando ceibe en mar aberto, logo da súa viaxe iniciática aséntase e adquire a propiedade de cambiar de cor: os cromatóforos, con eles pode adaptar a cor ao lugar que estea.
As femias pasan meses criando os ovos, sen comer, fan construccións moi complexas con pedras e restos de rochas, cando remata a incubación e alimentación dos ovos, morren exhaustas, enxoitas e fracas.
Na gran carreira do polbo vigués de cría xa só resta saber quén gañará.

viernes, 28 de diciembre de 2018

A fin da xeración Vitrasa

Abel Caballero anunciaba hoxe que non se prorrogará o contrato de Vitrasa, que como moito a finais de 2019 ou principios de 2020 haberá un novo concurso que podería non gañar Vitrasa.
Nós os dos 70 somos a xeración Vitrasa. Non vimos outra cousa. Iso sí. Vímolos vermellos, azuis e verdes, pero só Vitrasas. Nin os troles de Marín nin os tranvías que marcaron á xeración dos nosos pais.
En qué viaxarán os nosos fillos? Haberá outra xeración marcada por outro medio de transporte?Moitos pensamos que non, aínda que o goberno de Vigo quere renovar o novo bus, acorde con novos tempos.
Moitos de nós pensamos que o novo concurso vaino gañar Vitrasa. Claro que moitos de nós tamén quedamos ancorados nos oitenta.

miércoles, 26 de diciembre de 2018

O axuste de contas de María Xosé Queizán

Hai preto de vinte anos fixen unhas entrevistas biográficas para a desconexión local. Daquela entrevistei a xente moi coñecida de Vigo tipo: Fernández Alvariño, Delfina Cendón, Manuel Bragado ou Alberto Durán ou María do Carmo Kruckemberg. A outros entrevistámolos cando vigueses distinguidos como a Macamen Blanco. Sempre nos daban boas historias. Un deles pasou toda entrevista gabando á súa exmuller que aquilo  me pareceu: “ Lo que necesitas es amor” .Estiven a piques de lle dicir: chámaa, non mo contes a min...
Preguntáballes a todos pola súa infancia, a qué lles gostaba colgar, qué afeccións tiñan e sobre fitos importantes das súas vidas. Déronme moitos titulares marabillosos e deliciosas anécdotas cos seus fillos, mulleres ou maridos ou das súas empresas. Ás veces tanta información non me cabía nos vídeos.
Poucos se me resistiron, se cadra Gayoso e tamén Queizán.
A Queizán escoiteina horrorizada do outro lado do teléfono, como quen rexeitaba profundamente que alguén andase fozando na súa vida, como se houbese algo que quixera protexer.
Grazas a Deus os tempos mudaron e agora o feminismo é moda e tendenza.
Agora Queizán acaba de publicar unha biografía que semella brutalmente sincera e que non deixa títere con cabeza.
Os anos fannos máis ousados e Queizán non sei se se decatou que con esta biografía seguirá sendo unha outsider do sistema.
Ademais da súa peripecia persoal digna dunha ou dúas novelas, afronta o seu compromiso político na clandestinidade, o seu galeguismo, a fundación da UPG, o seu compromiso co feminismo e as súas relacións e a súa evolución sentimental, sexual e afectiva.
Na obra deixa moi tocados a Xosé Luís Méndez Ferrín é a Carlos Casares ou Arcadio López Casanova.
Méndez Ferrín foi seu home e pai dos seus dous fillos. Con el compartíu momentos importantes da súa vida e nas páxinas parece quedar “ tocada” pola separación  e a teima del ou da súa sogra en obter a nulidade eclesiástica.
Fala daqueles costumes sociais galegos sobre todo de Vigo, Lugo ou Compostela.Dá un repaso polo miúdo do noso último século.
Os vigueses que coma min campan de ter tres xeracións de devanceiros afincados na cidade gozarán coas personaxes dos que todos escoitamos falar nas casas: do profesorado do Santa Irene: de Rufo o matemático, da profesora Ambroj, de Ceruelo que segundo escoitei na miña casa tiña unha frase habitual: “ siascaso les pongo un cero”.Os máis recentes como Leónides de Carlos.
Do ambiente opresivo de Cluny naqueles anos.
Recomendo vivamente a biografía aínda que  non sei se pensarán o mesmo todos os que saen nela.
A mère Imelda de Cluny e mil personaxes máis deste o noso Vigo que moitos coñecerán. Tamén de Galicia: Paco del Riego, os Beiras: Xosé Manuel e Antía Cal, os Cáccamo, os Álvarez Gándara.
A obra podería ser o noso: “ Cuentamé” xa que Queizán coñeceu a todo “ quén e quén” desta nosa Galicia, e penso que non deixa nada no tinteiro, mesmo fala de máis.

martes, 25 de diciembre de 2018

A veces te confundes

A veces te dejas ir con cosas y con personas que no merecen la pena días, semanas, meses e incluso años; siempre es tiempo de dejarlos marchar o mandarlos a la mierda.

lunes, 24 de diciembre de 2018

Noiteboa no cárcere!

Moitos pasarán o nadal no cárcere. Os que están máis preto de nós son os da Lama.
Acaban de estrear un módulo mixto; para qué? Para quén? O lóxico sería que fose para os matrimonios ou as parellas. O lóxico será que alí se creen parellas porque a vida é así,  e o roce fai o cariño. Qué van facer? Separalos cando se amiguen?
Todo isto non ten sentido ningún. Se cadra non lle deberían chamar módulo mixto senón módulo de respeto. O se cadra nós non entendimos ben, para qué vai valer o novo módulo mixto da prisión pontevedresa da Lama. Explíquennolo por favor!

domingo, 23 de diciembre de 2018

O Misterio da miña avoa Gela

Tal día como hoxe de hai corenta anos fedellaba eu nos armarios da miña avoa Gela, a nai do meu pai cando atopei unha caixa marrón, de cartón, atada con cordel ( adival?). Tiña un rótulo que puña: “ Misterio”. 😳
Eu non sei se daquela estaría chea de ler libros de Enyd Blyton ou qué, pero pensei que a miña avoa tiña un segredo inconfesable, penso que nin sequera fun quen de abrir a caixa. Deilla a alguén, non sei se foi á miña irmá ou a meu pai.
 O Misterio esfarelouse en segundos, o Misterio segundo a tradición cristiá é “ todo o pack familiar do portal de Belén” . A Virxe, o San Xosé e o Neno Xesús; Misterio Resolto!