sábado, 22 de octubre de 2016
"Poesía eres tú", as novas da miña semana
Abel Caballero escribe poesía, dío el logo de ler un poema co gallo do festival Kerouac.Tamén di que non a ensina, non a publica por humildade ou pudor, e claro algo non cadra.Non é que non saibamos que Abel é un "fastudo" que igual fala en inglés que oficia unha voda ou fai de comadrona do " little dinoseto", o pequeno arbusto máis agardado e esperado na cidade que o iogurt de licorcafé.Pero o que non cola é o da humildade e o pudor.
Tamén souben esta semana que hai un supermercado na nosa provincia que ten once carniceiros, a qué non adivinan onde é? O supertalho xigante? Non está no Gadis nin no Carrefour, senón no único supermercado de Salvaterra do Miño.Único claro ata que abra o Froiz pouco antes de nadal.Iso sí que é "Eurorrexión"
E sabían que Serrano Súñer andou no seu día por Galicia? Semella ser que sí, foi no Pazo dos Regojo en Redondela cóntao hoxe nunha columna do Faro Pedro Regojo, nunhas liñas en que lembra tamén ós seus irmáns mortos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario