Vistas de página en total

miércoles, 26 de octubre de 2016

Homes

Teño un colega que ten menos de corenta anos e vive só, o outro día falando das cousas boas de traballar na casa, alguén dicía que polo menos no apodrecías o estómago con cafés, e lamberetadas noxentas de máquina; no meu chollo saínos un día un chocolate cunha tona de barolo que case parecía musgo do nadal.Na casa vas á neveira: colles o teu iogur favorito, faste un bocata de chourizo da aldea, poste un té verde,branco,vermello ou negro,faste un nesspresso ou un tássimo ou mesmo u nescafé. E o jicho di todo cheo: bah! Xa sabes cómo son as neveiras dos solteiros! Abraiada quedei,bueno eu pensei que eras un solteiro moderno, esixente vése que non... E a outra pasoume co meu compañeiro do piso almorzando esta mañá. Estábamos a almorzar e a escoitar ó Mariano na radio, e dígolle eu: a verdade é que este tío: qué mal fala, cómo se embarulla e desbarra dicindo frases do tipo " son cousas que pasan porque pasan, porque é inevitable que sigan pasando cousas" por poñer un exemplo.Xa non sei por qué lle digo nada porque o meupobre é do PP, e dime todo cheo "bueno muller, ás veces hai que falar sen dicir nada", manda carallo na Habana pois nisto Mariano é un fakir,pensei eu, pero xa non fun quen de lle retrucar

2 comentarios:

  1. Cando nun grupo todos teñen a mesma opinión, está claro que alguén pensa por todos. Non recordo quen o dixo, pero esta é unha das miñas frases preferidas. A min paréceme lícito votar a un partido porque comulgues cas súas ideas, pero hai que ser un pouco crítico e analítico, igual que o somos con nós mesmos para esixirnos máis e tratar de mellorar. Claro que xente como o teu compañeiro de piso, quizáis tampouco se esixe moito a si mesmo... Biquiños!

    ResponderEliminar
  2. Eu coido que está errado, pero non é mal jicho a verdá*

    ResponderEliminar