Vistas de página en total

viernes, 17 de marzo de 2017

O fillo do crego

Trouso hoxe unha historia que me proe no cerebro desde hai meses. Vivía nunha cidade mediana do norte de España un vello crego co seu suposto fillo. Desenvolvía o seu labor nunha céntrica parroquia onde todo o mundo o coñecía. Hai quen di que o rapaz sempre o dicía : meu pai é don Fulano o párroco de Tal e Tal. Como sempre nestes casos houbo quen dixo que era un sobriño, ou un fillo adoptivo.Son rexoubas típicas destes casos. Hai uns anos houbo un incendio na casa do crego que naquel momento estaba só, ata que chegou o seu fillo, así o dicían as crónicas dos diarios do lugar, aínda que obviaban que aquel pai, era o Pai que rexía a parroquia máis próxima. A súa morte tamén o delatou, o seu suposto fillo decidíu e puido facelo, non abrir a capela ardente do seu pai; ante o abraio dos catro do barrio que aínda non o sabían. Por qué o bispado non deixou velar aquel cadáver e por qué aquel rapaz puido tomar aquela decisión? Igual foi a súa venganza con todos aqueles que fixeron da súa, unha infancia difícil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario