Páginas vistas en total

sábado, 25 de marzo de 2017

As facturas da corrupción

Critican a ese eurodeputado? que criticou ós países do sur. Pero se cadra ten razón. Sen saír de Vigo as tramas de corrupción(supostamente claro) pagaron liposupcións(Operación Patos),na deputación de Lugo supostamente pagáronse ata DIUS. Os viños de alta gama campan polas casas de todos os que en Galicia son alguén. As black serviron para pagar lencería, xantares, copas e burdeis. Volquetes de putas,cocaína e millóns de euros esquecidos nos faiados...Aniversarios infantís e clases de golf,vodas de fillas do Palau... Amantes do Rei sufragadas con fondos públicos. Qué queren que pensen de nós? Que investimos ben? Que os cartos van en programas de desenvolvemento en educación e infraestruturas necesarias e útiles. Pois vai ser que non! A min non me arrepía que ese señor diga iso; arrepíame que iso pasase algunha vez. E semella que pasou, demasiadas veces, en demasiados sitios. Mesmo ás veces, demasiado preto de nós! Eu non os vou defender!

No hay comentarios:

Publicar un comentario