Onte 12 de marzo de 2019 cumpríronse tres anos do brutal atropelo dos ciclistas na estrada entre Baiona e A Guarda. Dúas persoas morreron : Ñito e Diego, outro o profesor universitario e coido que catedrático: José Antonio Vilán perdeu moitas das súas capacidás*. Grazas a Deus segue vivo e medianamente ben grazas á teima e ós coidados da súa familia.
Foron arrolados por un empresario en todoterreo que circulaba a gran velocidá*. Superaba a permitida, e quén lle pasaría o psicotécnico ós 88 anos.? Non os víu, ou non os quixo mirar. Matou dúas persoas, a outra destrozoulle a vida. Moitos outros nunca esquecerán aquel escenario: as bicis esmagadas, os móbiles tamén, os amigos mortos ou graves.
O vello parou pero pasou deles. Baixou do coche e increpounos
Non chamou ó 112 nin deixou o seu móbil para chamar. Non parou para chamar nin na gasolineira nin no primeiro bar, nin no segundo. Só nun dun amigo del e tampouco chamou a unha ambulancia, nin ó 112 nin ó SOS, chamou a un seu amigo da policía local por ver de salvar o seu.
Houbo moitos outros feridos. Un deles foi Javier. Él espertou un 12 de marzo ó mediodía de hai tres anos nun cuarto do Hospital Cunqueiro.
-Abraiado pregúntoulle á súa muller: Por qué estou aquí?
- Tiveches un accidente coa bicis.
-Non, que eu non coa bici saín.
Esquecera todo. Tivéronlle que contar qué pasou.
Os seus psicólogos recoméndanlle qu fale dos seus “ aprendidos recordos “ para cando lembre de verdá*
Mentres segue con medicación, e mirando para adiante, pero ás veces ten que recuar. Cada vez que hai un recurso que dilata o proceso xudicial, cada vez que un estamento xudicial di que non houbo omisión do deber de socorro
Oxalá teñan sorte! Porque ben que a merecen!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario