Vistas de página en total

lunes, 4 de marzo de 2019

Antes de que morras Franco Grande

Coido que nós os galegos somos moi desleixados. Cruzámonos día a día co noso pasado, coa nosa historia recente e a cotío pasamos del.
Todos vimos paseando desde Príncipe ata o Areal ó noso poeta beat: Carlos Oroza. Só, soísimo paseaba todos os días. Tomáballe o café en Detrás do Marco simulando ser un ser anónimo. Tamén pasou moitos días soa a gran Xoana Torres. Logo foi morrer e todos aqueles moi achegados que nunca en vida caso lles fixeron non pararon de lles facer homenaxes.
Agora aínda estamos a tempo de honrar a Franco Grande. “ Pulula” com todos por este o noso gran Vigo sen que ninguén lle preste interés. Cadro con el moitas veces no café, baixa coa Filla e co xenro e coido que aínda traballa no bufete que creou.
Eu non o poido esquecer. Nós, os nenos dos oitenta medramos co seu dicionario, o primeiro de Galego para min. “ Dedicado ós rexos galegos de Tebra de quen aprendía case todo”.
Oxalá desta vez non cheguemos tarde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario