Esa é unha lercha, esa é unha dona perfecta, ese é un soberbio ou esa é unha boa persoa.
Poucas persoas che din as verdades. Estou farta de escoitar a xente poñer podre a outra e arrolarse á bicos vinte minutos depois como se fosen hipercolegas. Vexo con abraio como moitos agardan que alguén se esnafre e cando trunfa son os primeiros en irlle felicitar. Teño pasado días a rir dalgunha persoa e ver como quen ría comigo participa nun xantar de confraternidade con aquela persoa.
Teño escoitado hai tres lustros esta persoa é un monstro non llelo digas a ninguén e á volta de quince anos cando retomo aquela conversa para confirmar que sí, que aquela persoa era un monstro o meu interlocutor que igual esqueceu aquela charla me di: pero por qué dis tal? E que hai xente que non se lembra das cousas que dixo ou que di
E menos mal que nos imos esquecendo da maioría das aberrantes cousas que a xente nos di...
No hay comentarios:
Publicar un comentario