Coñecín a Oroza hai vinte anos, estaba eu con outra persoa que o coñecía e mo presentou. Antes me dixo, pero non sabes quén é? O gran poeta beat. Trunfou en toda España e en Nova Iork. Eu non o sabía. Falou con nós un anaco. Deume a sensación dun home absolutamente só, que enganchaba conversa con calquera. Que patrullaba as rúas de Vigo para deterse a falar. Volvíno ver moitísimas veces máis, sempre me transmitíu esa imaxe de absoluta soidade. Por iso agora penso en por qué toda esta xente que se preocupa por el, por qué non lle fixo un pouco máis de caso cando vivía.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario