martes, 2 de julio de 2013
Bárcenas II
E qué di a muller de Bárcenas? mentres saca billetes de cen e de cincoentos euros da carteira. Un xesto moi propio de persoas como ela que están no paro, que cobran o subsidio ou que simplemente están en nómina do INEM.
Qué lle dirá Rosalía ás do barrio, ás que aínda non saiban quen é.
Parafraseando ó gran Carlos Blanco:
- Mi marido está ingresado.
-Mi marido está internado.Porque está a réxime, pero non a réxime aberto.
Para que pensen que está na Buchinguer ou en Incosol e lle retruquen.
-Tiene spa?
-Tiene wellnes?
E as súas amigas do Club de Golf?
Pero se cadra o Bárcenas aínda fai negocio no cárcere e vai cobrando pequenas "mordidas" ós que están alí para sacalos antes do cárcere.
El don Luis, como don Vito, con aquel lindo despacho en Xénova, co seu chofer, repartindo sobres a eito,coa súa americana austríaca, qué foi del? Que foi dos vellos amigos? Que foi? Estarán en diferido como a súa indemnización?
E por que el?
Cando Blesa, Cando Urdangarín, cando Torres non están alí.
Si, pensaba si, hai que cantar; todo isto merece un bo " Rock de la cárcel".
Veraneando co PP
Antes pasaba o verán en Sotogrande, e agora faino en Soto del Real. Dun tempo a esta parte Soto del Real converteuse nun sitio exclusivo de vez. Soto del Real Spa Resort. Se cadra alí agardan a Urdangarín e a Cristina e o sogro-pai que probablemente tamén merecía ir.
Que máis queren? Vacacións pagas, piscina e non ter que traballar...Non son os Luns ó sol, senón Semana á sombra.
Houbo un tempo non lonxano en que o cárcere "se petou" de jet set, foi o tempo de Mario Conde, de la Rosa, Roldán,ou Mariano Rubio. Dicían que houbo algún deles que elixiu onde ir ( Roldán a Brieva).
Peor sería o vello Carabanchel ou a Avenida de Madrid. Antes, máis antes, nos 70-80, o chic era ir a "El Dueso" ou se cadra a "Herrera de la Mancha".
E agora que o Bárcenas está na trena, hai quen espera que cante, e podería ser, por iso hai quen di que na Sexta xa teñen preparada unha spin off de "El coro de la cárcel"
O presentador está claro, sería o pobre rapaz que pasou os últimos meses ás portas da casa do administrador do PP, con Luis na cadea, haberá que reubicar ó redactor...
sábado, 29 de junio de 2013
Os chimpóns
Meu pai chama chimpóns a todos aqueles que andan de choio en choio, de cargo en cargo, que só campan e viven da apariencia. Os chimpóns sempre amarran, sempre "pillan cacho". Hai quen di que pillado un cargo xa estás aí na pole position e nunca deixas de subir ou alomenos de movereste en horizontal e a verdade que si que iso pasa; vémolo tódolos días. Do ministerio, ó consello de administración de Leman Brothers ó Ministerio e tiro porque me toca.
E logo ves, miras ( no meu caso) que méritos ten a xente esta? E decátaste que ningún, nin sequera lle teñen querencia, arrimo ou apego a eses choios que consiguen by the face.
Estou no móbil, non estou, estou reunido non vou coller son frases típicas do guión vital dos chimpóns. O seu é outra cousa: andar de "chimponeo", de relacións sociais, mandaricar, gobernichar e cobrar moito.
Non habería crise sen chimpóns...
jueves, 20 de junio de 2013
Perdidas nas Cíes, avance verán
As protagonistas da serie están fartas de pasar frío en Cíes e rosman porque o verán non dá chegado.
Só hai algo positivo de todo isto, polo de agora a patulea esa toda que invade as illas no verán cos seus bocatas de tortilla aínda non puxera un pé en Rodas pensa Pija.
Choni non aturaba máis, quería poñerse xa aquelas minisaias de volantes de Zara Kids e aquelas botas de skai branco que non deixaba de poñer en canto comezaba a calor. Esta chiña padece de horterosclerose pensaba para sí Pija, glosando a gran Retrinque.
O programa de receitas non dá despegado, queren facer algo parecido a Máster Chef, pero aquilo acaba sendo Operación Samanta.
Maruja pensa que está enferma e pasa longas tempadas no cuarto de baño, cando a súa afección é cíclica de luns a mércores e chámase resaca, aínda que había anos que xa non lembraba os síntomas.
Maruja empéñase en ensina-lo público a preparar un polbo á feira, algo que a Choni e Pija parécelles absurdo, Choni pensa que calquera sabe cocer un polbo, e Pija pensa que o mellor é come-lo nun bar. Hai que gravar en sitios distintos pensa Maru podíamos ir ó Mac Donnald´s ou ó Lizarrán, mentres que Choni se tira das mechas sen parar.
O programa deportivo tamén vai de mal en peor,non teñen nin idea, e aínda que un equipo externo lles asesora aquilo é un desastre absoluto.
-Por qué o Celta B xoga co Castellón A? O A xogará co A non?
-Por qué este ano na Eurocopa non xoga Uruguai?
-Qué é un córner?
Pero o peor de todo foi cando nunha conexión unha delas confunde a Lance Armstrong co Neil Armstrong, estás entre a lúa e a póla dille o entrevistado...
A últimas lesións nas Illas obrigan a abri-lo botiquín que sigue baixo chave, pero agora xa nin Maru sabe onde están as chaves, no fondo do mar, como na canción?
Continuará....?
domingo, 16 de junio de 2013
Vellas decepcións
A historia repítese sempre, moitas veces xa o prevemos e evitámolo. Pero outras veces nos pilla de novas, e moléstanos aínda máis. Por que non me din conta? Por que pensei que o que pasa sempre non ía pasar agora?
Por que confiar nesas persoas que teñen como costume dar nunca nada, e pedir sempre, mesmo esixir...? E a pregunta repítese outra vez: como tratar un egoísta?
miércoles, 12 de junio de 2013
Chochito de oro
O ghicho "empoleirouse", "se encumbró", si Charlín si. Que triste forma de ser trending topic! Chamando Chochito de Oro a unha das mulleres que máis traballa no noso país e que menos alarde fai do seu sexo ou da súa maternidade.
Pero alá vai o Charlín e fai a broma chocalleira: "Chochito de oro". A verdade é que aínda queda moito macho ibérico, mesmo no vello BNG, e polo menos podía dicir "Cona d´ouro" pero non, nin sequera en galego.
Para excusarse apuntou que era polas revisións xinecolóxicas de empresa da Moncloa, que outra vergoña é que en moitas empresas se fagan porque na sanidade pública tan mal funcionan.
Ala Charlín, a pasear por Cambados e a rañala si, non vou ser tan groseira coma ti, non che vou dicir exactamente que tes que rañar, pero non te custará decatarche de que é, porque debe ser que iso é o único que tes no teu cerebro.
lunes, 10 de junio de 2013
O último "polvo" de Karina Fálagan
Hai quen di que xa non se dedicaba a iso, que xa hai ben de tempo que non exercía. Hai mesmo quen di que a iso non se dedicou nunca, que ela só rexentaba os locais: O Lady Hamilton e o Jonathan. Pero pareceme moi axeitado que as cinzas de Karina as botaran en Samil, o seu último "polvo" na praia que tanto amou.
* Xa sei, xa sei ben que saíron augafestas, entre eles "queridoabel" que din que iso é ilegal ,cando todo o noso mar está feito unha Santa Compaña de tódalas cinzas que por aí "rulan". Tamén hai quen di que xa non se volverá bañar en Samil. Os vigueses de ben, hai tempo que non o facemos. E se cadra algún deses que a partir de agora non queren nin pasear por alí, igual atopaban no ar, na area ou no mar algún marcador de ADN moi parecido ó seu.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)