sábado, 7 de septiembre de 2013
Tod@s en minishort
Entre o Street style e o homewear, só por usar dúas das paridas máis empregadas do mundo da moda, este verán as nosas rúas enchéronse de minishorts.Vaqueiros, rotos, con apliques, con dourados e co forro dos petos por fóra.
Aí onde menos o esperas aparece un minishort!
Ás veces teño arrebatos fascistas e me gustaría ser editor dun Telediario para dictar un vídeo no que se diga o feos que son e como enmarcan as barrigas de bechos ou perfilan a celulite ou salientan o cu.
Pero logo se me pasa. E agardo a chegada do inverno; ata que me decato de que pode ser peor. Volven os pantalóns curtos, con medias de cristal, de veludo, de tergal, de encaixe? ou con leggins!
Diosnoscojaconfesaos!!!!
miércoles, 21 de agosto de 2013
Rande, ande ou non ande
Alí onde o mundo se chama Ribadumia, alí onde se substitúen as porterías por pazos provinciais, nesa zona de Galicia onde todo comeza nunha batea naceu o noso protagonista.
Non pises a herba, fúmaa dicían os hippies; e por non pisala optou pola artificial; que de paraísos artificiais por aquí se sabe ben.
Talón en man; "talón-punta-talón" xa o di a noso baile sistémico o "Lozano" arousán conseguiu que a serpe multicolor pasase por aquí.
Pero tanto bótox ou tanto mexillón con toxina amnésica, non se sabe ben, deixouno aqueloutrado de vez. De "puente a puente"allí donde me lleve la corriente, pero algo fallou e a catro días da carreira ninguén sabía se as bicis ían pasar por Rande ou non.
domingo, 18 de agosto de 2013
O último blues da millonarioflauta
Rosalía Mera era unha outsider de si mesma, máis de Monte Alto que de Monte Baixo, seguro. Imaxinámola marcada pola atención ás señoritingas da Coruña no seu primeiro emprego, e alí decidíu o que xa nunca quixo ser.Hai tantos desertores do arado que inventan unha prebiografía ad hoc; de grandes fortunas, infancias rodeadas de oropeis, entre " incunables" e obras de arte, que Mera mola a verdá *. Inventarse unhas novas orixes para alternar na Zapateira ou en Iñás parece absurdo cando alí te sentes fóra de lugar. Renunciar ás túas orixes cando son as qu terman de ti, alí onde todo é verdá, alí onde as cousas custan o qu valen, e alí onde todo é real.
Aprendámo-la lección, a humildade, a sinceridade e non ese rollo absurdo de aparenta-lo que non son que tantos levan neste país.
sábado, 17 de agosto de 2013
Vigo no II
Coa calor tiven un pesadelo. Pechemos Vigo dicían nun despacho. Subamos as taxas portuarias, deixémolos sen AVE. Falemos cos portugueses para que poñan peaxes con España, mesmo nas autovías. Fagamos que os vóos desde Peinador vallan o triplo que en Alvedro, e o quíntuple que na Lavacolla.
Poñamos un Ikea en Turkitistán e outro no Porto.
Deixémoslles avións pequenos con horarios absurdos. Matemos o naval.
- E aínda sobreviven; cago en Ros, dixo o outro.
-Saturémo-los hospitais, que haxa o dobre de lista de espera; a ver se así os imos matando.
Levemos as descargas a Marín, os xulgados a Pontevedra.
Baixémo-las tarifas dos cruceiros no resto das terminais portuarias galegas, quitémoslles os MSC e os P& O.
- Aínda lles queda o tempo, as Cíes e Samil!!!
- Con iso non podemos!
- Báixalle o Celta a Segunda B;
- Non iso non cómpre disimular.
Menos mal que era un pesadelo e que axiña acordei, o raro é que todo seguía coma no soño.
viernes, 16 de agosto de 2013
Don Camilo, un amor outonal ou invernal?
Dicía Castelao que os vellos non debían namorarse e abofé que non, que plastas son! Non teñen ese sexto sentido dos mozos que aprezan xa de esguello se hai química ou non.
E non falo deses vellos riquiños que os hai, senón deses vellos verdes que pululan por aí. E aí está Don Camilo que tanto lle ten ligar na consulta como no Tanatorio.O tío non perde a ilusión! Ás veces penso en Fefé , en Cela ou Berlusconi e teño que conte-las arcadas. Que noxo! E aí temos ó Camilo, dálle que dálle, veña a insistir. Como un Di Stefano da vida que busca o seu último gol. E digo en con 87 anos non podes xogar á brisca ou o cachibol. Pois non Tío Camilo fai a ruta dos puticlubs, de seguro que xa sabe da reapertura do Telmo 's e da reubicación do Barbarella en Vilaboa. E para cumprir coas garotas precisa a pílula azul, que non sei o que me pasa, que ás veces non vou ben. Pois non sei chiño, igual precisas vitamina C!!!Mandacarallo( que segundo se ve xa non manda tanto...) Pero Tío Camilo o que quere é senta- la cabeza que xa ten unha idá * , e precisa unha moza seria e formal, que teña carreira a poder ser e que me coide coma un bebé...Ai Don Camilo poderías terte quedado no Tanatorio, pero dentro...
Mil Rosalías máis para Galicia
Falar de cartos é moi vulgar, pero neste caso é necesario.Adoro a xente sinxela, a esa deliciosa xente normal que te ata ó mundo e que ten os pés na terra.Para moitos non ten mérito ningún, viven en lugares normais, con traballos habituais e contas correntes comúns. O difícil é non perde-la perspectiva cando estás rodeado de cartos e de persoas que che recordan que os tes. E esa era Rosalía, unha muller común por fóra, disfrazada de tipa normal. Sinxela e campechana ;amante do barrio no que naceu e dos bares onde moceou.Hai tanto paleto neste o noso país, tanto novorri
co , tanto farináceo que camiña co pescozo ergueito, tanto político de mediopelo e tanto rei da chatarra abducidos -polo golf, pola hípica ou o polo, con rolex no pulso e montados en audis e mercedes que dá gusto topar con Rosalía Mera.
Rosalía pasou por Vigo, pero non veu ó Financeiro, nin ó Club de Campo;veu a Érguete a un obradoiro de extoxicómanos e tamén pasou polos peiraos, pero non por Monterreal, veu ós estaleiros a amadriñar e se cadra financiar un buque de investigación. Hai quen a critica porque a milagre Inditex puido ter coma orixe a copia industrial e a explotación laboral da infancia nos países do terceiro mundo; eu non o sei, ou se cadra non o quero saber. Só penso que no téxtil todo mundo fai igual, diferéncianse nos tecidos e nos prezos. Uns véndense nos córners do Corte Inglés e non seducen a ninguén. Outros como Inditex visten a princesas coronadas ou non e a moitas mulleres reais, normais, a case todas nós, a mulleres como nunca deixou de ser Rosalía Mera.
jueves, 15 de agosto de 2013
Queremos ser ilegais
Van acabar con nós. Din que o que se legaliza se mata. Pásalle a algúns matrimonios. E pasa tamén cando queren legalizar esas cousas nosas enxebres e acaban matándoas ou alomenos roubándolles a esenza. Pasou co augardente caseiro, quere pasar cos furanchos.
E agora van a polos leira párquings!Que dano farán? Na Illa da Arousa xa os queren legalizar, e disque hai xa outro que moito éxito ten no centro de Pontevedra.
Non saben que somos outsiders?Que non nos gustan as leis! Que facemo-lo que nos peta.Si que o saben si. Por iso nos van deixando edificar aquí e acolá.Dicían os nosos pais, se cadra os nosos avós :"Prohibido prohibir" e nós dicimos que non: prohíban por favor, non permitan ,non regulen, apúntense o laisser faire, laisser paser e déixennos en paz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)