Vistas de página en total

jueves, 17 de octubre de 2013

Putillas & patatillas

Hai un establecemento mítico en Vigo no que se vende un dos productos máis clásicos da cidá*. A "churrería Casablanca".Calquera vigués que se prece de selo, ou calquera estudoso do fenómeno vigués pasou algún día por este templo do tubérculo. Semella que sendo patacas, debía de estar en Ourense, pero en "patatillas" a estes non hai quen lles tusa. A súa costa empinada, clásica tamén do noso "biotopo" ou "hábitat" é percorrida día e noite para subir ó Corte Inglés para ir ó Centro de Saúde da rúa Cuba (que agora parece un pub), para baixar a vella estación de tren e ata hai case un mes, para ir de putas. Seica á clásica freiduría viguesa, saíulle un duro competidor no primeiro ou segundo andar. Un "meublé" con actividade febril día e noite. Seica a actividade do segundo duplicou as vendas no local. Porque máis dun despistado, ou cliente ó que as chatis lle tardaban en abrir pasou por Casablanca a facer tempo. A mercar patatillas, a disimular e mesmo a que non o vise a alguna amiga da súa muller. Hainos que dicían que ían á una próxima academia. Mágoa que non abría polas mañás, cando moitos acudían... O caso é que desde o mostrador moita bolsa se vendeu grazas ó Chingui Club. E todo era para que ninguén os pillara "nas patacas".

domingo, 13 de octubre de 2013

Más que dos carretas

Ya nadie sabe qué hacer para llamar la atención. Ya todo está visto, los neones y los tweets nos saturan. Por eso, es tiempo de volver a lo clásico, a lo atávico, a lo que siempre da resultado desde que el mundo es mundo. A una "performance" que hasta a los rancios haga girar la mirada. Y me da igual por qué protesten, pero han sabido acaparar la atención visual de un mundo lleno de bits, de píxeles y de frames. Y es que la carne, ésta, siempre vende, aunque sean veganos...

A fin dunha época

Moitos dos que se coñeceron en Vanitas celebraron os seus convites de voda no Castillo do Castro; agora xa ningún deles existe.

sábado, 5 de octubre de 2013

De Goián a Antícoli: Antonio Fernández; in memoriam

Algo pasa en Goián cando está inzado de pintores, escritores e artistas. Se cadra é a súa doce paisaxe arraiana ou o espello do Miño que o separa da terra de Cerveira. Un dos seus máis insignes pintores recibe estes días homenaxe do concello e das asociación culturais do lugar. Ata o vinte de outubro pódese ver no delicioso Centro Goianés ( que en dous anos cumplirá un século de vida) unha escolma da obra deste pintor amante da paisaxe e mentor do tamén goianés, Xabier Pousa. Nado en 1882 na vila Tomiñesa e finado tamén alá no 1970, Fernández deixou como os grandes fonda pegada nese lugar en que naceu. Contemporáneo de Benlliure e Sotomayor; Antonio viviu en París, Brasil e Italia. Os museos de Castrelos, e Fundacións como a María José Jove e a Xabier Pousa cederon obra para que a mostra fose posible. A exposición remata o vinte, pouco tempo é; pero durante doce meses Goián renderálle homenaxe ó pintor que tan ben a soubo retratar.

martes, 1 de octubre de 2013

Luis Enrique espabila mi amol

Disque Luis Enrique ten unha fórmula aprendida no Barça que aquí non funciona o 4-3-3. Disque non aspira máis que a que o equipo non baixe, moi cutre parece ese propósito. Desfacernos do Luis Enrique e do seu equipo, psicólogo incluído pode valernos dous millóns de euros porque asinaron por dous anos. Disque agora tamén que a hipotética fichaxe de Luis Enrique foi un bulo ben movido e que o Barça nunca pensou nel. Na época de interné* e das redes sociais poner un ruxe-ruxe en circulación apenas custa un can. E aquí temos o noso galán de culebrón, coas súas gafas de pastilleiro ou de autobuseiro ibicenco que vén sendo o mesmo. O noso Luis Enrique que leva menos de media ducia de capítulos e non consigue remontar; cando pasa iso nas canles de t.v cambian a programación.

Peixes low cost: entre o panga e a tilapia

Hai quen non toma peixes de cultivo e hai quen non os para de comer. Os rodaballos de piscifactoría ou as robalizas cultívanse aquí, aínda que sexa en cubas e coman piensos. Menos de fiar son os pangas ou as percas que se cultivan en Asia en augas de dubidosa salubridade e con tratamentos hormonais que nonn pasarían o test dun país do primeiro mundo. Este verán coñecín a "tilapia" nunca tal escoitara, mireina nun autoservicio dun hotel, estaba en filetes coido, pareceume esbrancuxado e sen xeito. Aquí en Vigo non se atreven con el. No mundo cultívana os chineses, os exipcios e os brasileiros... e como todo o barato arrasa. A min, non me apetece! Din que ademais a súa pel vale para facer zapatos,mesmo os famosos Manolos hainos de pel de tilapia. E tamén son eses peixes de tratamento dos pés. Cada vez apetece menos levalos ó prato!!!

sábado, 28 de septiembre de 2013

Ardicia Editorial, un soño de papel

Rescatar do esquecemento os clásicos literarios europeos e volcalos por vez primeira ó castelán é a épica aventura na que se acaban de embarcar un grupo de amigos entre os que hai un xornalista,e un matemático pontevedrés.Así nace ARDICIA EDITORIAL. Un proxecto que aínda é un bebé e que se bautizará este mércores dous de outubro ás oito do serán na Librería "LA CENTRAL DE CALLAO" na rúa Postigo de Madrid. Ten mérito montar unha editorial en papel agora que case ninguén compra libros. Oxalá teñan sorte. Ardicia é un proxecto literario exquisito. Non sei quen será o crego deste bautizo, pero o padriño vai ser Luis Antonio de Villena. Ardicia significa devezo,desexo... e é unha editorial independente acabada de nacer. Polo de agora só ten dous títulos. MONSTRUOS PARISINOS de CATULLE MENDÈS e EL LIBRO DE JADE de Judith Gautier. Dito así Gautier soa a outra cousa pero malia estar casada, Gautier foi amante de Vítor Hugo e Richard Wagner e colega de Mallarmé, Flaubert e Sargent. Pero ademáis ARDICIA é un pouco galega tamén. Porque un dos seus tradutores é de Pontevedra.Chámase José Manuel Ramos González e é profesor de mates no Instituto Xunqueira I da vila do Lérez. Amante dos números e das palabras tamén Ramos González traduce nos seus ratos de lecer. El é parte vital deste novo proxecto literario que debería ter toda a sorte que merece.