lunes, 11 de noviembre de 2013
Relacións AP 9, fundidas
Hai xente que vive separada por unha autoestrada por cento cincuenta quilómetros e quince euros de peaxe, e así, así non se pode vivir.
Eu non sei se é culpa da Xunta dos chineses que investiron en AUDASA ou de quen; pero isto deberían amañalo, polo ben de todos nós.
domingo, 10 de noviembre de 2013
O Cable inglés de meu pai
O meu pai que ten hoxe oitenta e tres anos traballou no Cable Inglés de Vigo. Apenas seis anos entre o 49 e o 55 supoño. Porén foi unha experiencia que o marcou. Sempre fala diso: dos ingleses, do "revirados" que son. Da férrea disciplina, das broncas que lle metían. E de como o deixou para poder estudar. Acaba de saír un libro que puxo a nosa casa do revés. " O mundo vía Vigo". O Vigo do Cable Inglés, de José Ramón Cabanelas.
Tiñamos que ter actuado antes, meu pai deixou aquilo o máis tardar nos 60, sen se decatar de que "aquilo" era un "niño" de espías e "vendettas".
O ruxe-ruxe do libro era un segredo a voces: no faro saía día sí e día non que Cabanelas andaba tralo rastro do Cable Inglés: e alí atopou a Skinner, ós Merino ou a Serafín Otero... á viúva do mítico míster Mann adourado en moitas esferas sociais viguesas e a moitos máis.
Quixen levalo a presentación do libro pero un ataque de melancolía nolo impediu.
Que menos que mercarlle o libro e poñelo en contacto co autor.
E alí, no libro, estaban todos: os seus compañeiros de "chollo" moitos deles vivos o Serafín Otero, o Staton e outros máis...
Meu pai non se parece a min, é un home metódico e ordenado que garda aquela carta de admisión de 1949 cando lle pedían autorización ós seus pais porque con dezanove anos era menor para traballar alí a quendas. E está nervioso, pero está feliz, esculcando naqueles papeis vellos, naquelas mensaxes amarelecidas gardadas en carpetas vellas, e mesmo se mosquea se non atopa algo de hai 64 anos?????? Porque alí ten o seu carnet, a súa carta de admisión e se cadra alguna nómina.
Naquel andel onde algún día me ensinou un vello billete da república, algún carnet da mili, e alguna cousa máis á que eu non lle prestei atención...
Chamábanlle "cona quente"
Este choio noso dános abondosas sorpresas cotiás. Andamos entre "trancas" e "fochancas", zafando xabaríns e accidentes; aprendendo da sicoloxía básica deste país noso así sobre a marcha e sen preparación previa.
E un día "dear Cachu" vai e tócalle cubrir un móbbing sonoro ou acústico en Moaña. En principio , era un "clásico", típica liorta vecinal por cuestiós* urbanísticas, por un súboche aquí un andar, póñoche una uralita ou una placa... Pasa nos mellores barrios... E logo alí está a típica veciña que denuncia a tódolos da redonda por diversas cuestións.
E a "malapécora" esta que ten denunciados a tódolos vecinos ten un alcume e cal é?
Pois alí está o típico "cantaclaro" que nos di:
- "Chamábanlle "cona quente" di o tipo, e fai una pausa dramática, ante o abraio do redató* " Coooona queeeente"(por se non quedase claro) Tamén nos dixo como lle chamaban ó seu home, pero ímolo obviar por se isto se le en horario de protección infantil, que agora tódolos nenos andan co Ipad...
Volvamos ó mobbing sonoro: os denunciantes puñan radio María, e os denunciados Radio nacional, que sempre hai clases,meu deus...
O caso é que alí en Meira de Abaixo escóitase a radio de balde, sen sintoniza-lo dial...
sábado, 9 de noviembre de 2013
A Santa Compaña da CRTVG
Hai unha Santa Campaña na CRTVG que actúa como a xenuina: aparece e desaparece. Mírase de cando en vez e logo se deixa de ver.
Son eses que non chollan, só pululan por despachos e corredores cando lles convén. Eses seres pluseados, con chofer e secretaria e que foxen cando hai problemas.Son os mesmos que din que sobra persoal; son os mesmos que nin collen o teléfono e só saen cando hai canapés.
Se cadra os que sobran son eles...
viernes, 8 de noviembre de 2013
Road movie na eurorrexión: flash back; a historia de Rambo e Canceliñas
Din que a eurorrexión está moi parada, que coas peaxes, alias "portagems" nas autovías, coa crisi* isto xa non vai.
E alá volve o Canceliñas dezaseis anos despois para unir ámbalas marxes da raia. Saltando pontes e "portagems". No 97 Canceliñas era un principiante alá no cárcere da avenida de Madrid.Pero sempre lle gustaron os coches de gran cilindrada. O 25 de novembro daquel ano Canceliñas e Alfredo Sánchez Chacón, alias Rambo simularon un motín no trullo fixeron una "cadeneta" cunhas sabas e fuxiron pola porta principal da prisión da avenida de Madrid.
Saíron así, polo grande, a bordo dun BMW que pillaron alí.
Daquela o Cancelas parecía parvo, atopárono axiña preto da súa casa de Mos, na Veigadaña.
O Rambo tardou máis en caer. Fora "milico" dos COES e xa matara un home nun puticub de Cuntis en 96. Finalmente caeu.
Agora o Canceliñas reiventouse, deveniu no Cancelas. E xa é o xefe do bipartito delincuencial.
Agora Canceliñas cambia de coche máis ca se tivese un leasing: moto, Renault Clío e Mercedes Benz. Atraca gasolineiras e anda dun lado ó outro da raia con máis facilidade que una lamprea, ou un meixón.
Móvese xa en Mercedes Clase S co seu último compinche o salcedense Alvaro dos Santos.
Cunha GNR e una Garda Civil que están nas verzas, a ver canto duran por aí.
miércoles, 6 de noviembre de 2013
O perverso debate do "público"
Critican o público, a sanidade, o ensino, os medios; non lles gustan. Non lles gusta o público. Coidan que hai cousas que deben xurdir da iniciativa privada, os medios, os colexios, os hospitais. Agora eu só lles pido coherencia. Privado-privado que capten publicidade, que cobren ós seus clientes, ou ós seus pacientes; pero que non anden chorando por concertos e subvencións; porque eses cartos son PÚBLICOS e eles aborrecen todo o público, Non?
A ver se son como eses que van pola mañá coa muller e pola noite tiran da PÚBLICA e critícana en privado.
martes, 5 de noviembre de 2013
Duelo de princesas
Ayer vimos a la del pueblo platicando con la del Rey. Ahora que Froilán parece Paquirrín. Que Urdangarín es como el Dioni, ahora sí que es el fin.
Por mí que se vayan, que tienen tanto caché como los otros; porque la del pueblo aún tiene a la familia en San Blas y como mucho se trasladó a Paracuellos y aún se gana la pasta en televisión entre raya y raya y subidas de azúcar.
Pero no roba, y no le pagamos entre todos, ella lo genera en publicidad, aunque sea de Tena Lady y de Sopas Gallo.
A trabajar todos, y el de Borbón a un asilo de esos de copago, que parece que en el extranjero tiene dinero para pagarlo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)