Vistas de página en total

domingo, 2 de marzo de 2014

Narcogitanos!

Hace quince años en Torneiros, alguien me dijo que los gitanos iban a desaparecer como etnia, que muchos de ellos se drogaban y traficaban. Yo no lo quise creer.Muchos de ellos llevan una vida normalizada con sus mercadillos, sus atracciones y su folclore. A mí me resultan simpáticos, aunque sus costumbres machistas y antiguas me horroricen. La lealtad al clan, el respeto a los mayores y la fidelidad son quizás algunos aspectos que les podríamos copiar.En sociedades abiertas y tolerantes consiguen ir integrándose. Otras sociedades los marginan y los obligan a vivir en guettos al margen de la ley.Lo que ha ocurrido estos días con el crimen de la Lupe también ocurre día sí y día no en nuestra avanzada sociedad.El suceso afecta a toda Galicia: residentes en Lugo luego de la boda los Cortiñas Jiménez eran oriúndos de Lugo por parte de padre y criados en O Vao por parte de madre. Hay quien dice también que los dos pertenecen a dos narcoclanes gitanos de la droga: los Cortiñas y los Jiménez. Ojalá este sea el último suceso que protagonicen.

jueves, 27 de febrero de 2014

Mirar para otro lado

De tanto mirar para otro lado, a veces creamos monstruos. Y eso es lo que pasa en el poblado de O Vao y eso es lo que pasa con los desmanes del rey, y eso es lo que ocurre con la corrupción política. Creamos guetos, escondemos nuestras miserias,vivimos como si no pasase nada. Pero sí ocurre o no? Si actuásemos con naturalidad y normalidad ante algunos asuntos cortándolos cuando se producen o dándoles carta de normalidad esto no ocurriría.

martes, 18 de febrero de 2014

"Patos" á auga

Máis dun ano levaban detrás deles. E hoxe foi o día. Coordenados pola xuíza do sete de Vigo: Carmen García Campos membros do Grupo de Delincuencia Financeira e Fiscal da UDEF da Brigada Provincial da Policía Xudicial da Coruña entraron esta mañá en dependenzas da Xunta en Vigo, da Deputación de Pontevedra e dos Concellos de Vigo, Pontevedra, Ponteareas, e Nigran, Santiago e Ourense para recabar documentación sobre obras. Foron dezasete rexistros entre empresas e institucións, e cinco detidos, agora en Comisaría, entre eles un concelleiro de Nigrán. No concello de Vigo remataban contra as seis e media. Xa tardaba que alguén puxese o obxectivo aquí. Entre as empresas supostamente implicadas CESPA e Eiriña.

lunes, 10 de febrero de 2014

Qué facemos coa Pedra?

Toda a vida de Deus, todo o mundo soubo e permitiu que no Mercado da Pedra se vendese mercadoría ilegal, estraperlo, reloxos de Canarias ou calculadoras de Taiwain que non pasaban pola Alfándega.Sempre se mirou para outro lado porque era unha tradición.Agora veña redadas, e veña redadas polo tema das falsificacións. E digo eu se buscan copias de marcas "fakes" ou "truchos"como din os nosos amigos arxentinos que vaian ás feiras galegas e ás de Portugal.Porque qué vigués de boa fe, aínda que sexa inspectora da UDYCO ten collóns de rematar con este mítico mercado vigués?

martes, 4 de febrero de 2014

Cantar Las Cinco Jotas

Son moi fan do responsable das Cinco Jotas, se cadra porque vivín cincos anos en Navarra. José Manuel Costas é un "cantaclaro" dos que xa non se ven. Un discípulo de Bárcenas que está disposto a arrasar con todo antes de caer el.E penso que ten razón, máis que Bárcenas; porque Bárcenas era militante e senador daquel partido e beneficiouse abondo del ,tal e como o acreditan as súas contas en paraísos fiscais.Os J &C agochan tras ese nome de whisky unha aparente miseria.Con eses xerséis cheos de albóndigas e aquela maleta de cartón das que levaban os nosos bisavós á emigración.Os Js qué curioso: os nomes do pai e dos catro fillos empezan por J pola mesma letra como esixe algunha cultura ou relixión!Os jotas que nin sequera parecen ir a esquiar a Manzaneda...Foron no seu día a empresa de referencia das casas de madeira na bisbarra de Vigo, simpatizantes do BNG e cunha empresa nun terreo de Candeán na que houbo irregularidades urbanísticas.Daquela ninguén criticaba ós Jotas, eran riquiños, agora o conto cambiou. Os Jota non sei cando nin por qué entraron ó grande no negocio da construción.E disque seica que contan por aí, que este negocio vai así:cartos en negro, cartos en B, cartos en J? e xa non houbo volta atrás.Eu non poría a man no lume nin por un político nin por un construtor porque penso que todos o fan.Necesito 50.000 para o concellal, que sexa en billetes de 100 que os de 500 non os queren, e veña que chamar ó banco e veña que chamar ó partido, a tódolos partidosa ver canto queren e cómo e veña que ir ó banco coa bolsa do Gadis ou do Froiz para colle-las quiladas que estes señores esixían por da-las obras.E agora non quere caer só, e se cadra fai ben porque parece que con todo o quepasou polas súas mans, nin sequera lle deu para mercar unha Sansonite...

lunes, 3 de febrero de 2014

Langrán, un gato do Calvario

Langrán é pequeno, suave, tan brando por fóra que se diría todo de algodón...como Platero; pero Langrán é un lercho con ático en propiedá. É un gato de morro fino, con nome de marqués :Langrán de Fontán, marqués do Calvario.Polo seu pedigree e a súa fasquía ten moito éxito entre as gatas todas, pero a el gustanlle as de plumas e moito perendengue; as máis requintadas da Peonal.Langri vai ter unha longa vida como "it cat", véselle ben que ten gran futuro na moda e na publicidad.O michiño este vai sacar de chollar á súa nai ;)

domingo, 2 de febrero de 2014

A vida viguesa de Núñez Feijóo

Cando Núñez Feijóo tivo que volver a Galicia apostou por Vigo, cando pensou nunha segunda residencia tamén pensou na ría. Cando decide ser unha persoa anónima tamén lle mana un café na Belén, vai de footing ( running? ;?), á Guía ou cando cea na Trastienda del Cuatro. Tamén o vemos nas rebaixas, aínda que sexan as de Purificación García. Sabemos que a súa familia vive aquí. Antes tamén ía ó cinema os domingos ó Centro Comercial Travesía. Mágoa que todo isto de nada sirva para que mire un pouco pola nosa cidade.Se cadra o próximo presidente da Xunta xa non quererá vivir aquí, porque xa non nos quedará nada!