Vistas de página en total

jueves, 5 de junio de 2014

O home que "susurraba"ós viñedos

En Terras Gauda Emilio Rodríguez Canas, en Lagar de Fornelos Ángel Suárez, en tódalas adegas hai homes que falan baixo ós acios e tamén escoitan o que din.Viven colgados das predicións meteorolóxicas rogando que faga frío no inverno e calor no verán; contando cada gota de choiva cando cae fóra do tempo. Controlando a humidade, o vento e a calor...E nesta terra nosa que os termómetros semellan que andan coa menopausa, vivir pendente deles ten bo mérito abofé, e que aínda por riba consigan facer viños tan ricos que se venden a sesenta euros nos restaurantes de Dinamarca tamén o ten.Vivir colgado do vento e da choiva é o que ten!!

Cambio de ciclo

Cambio de ciclo, cambio de tercio, pero no de ritmo.Nos tratan como tontos, nos engañan nos quieren sorprender, pillar con el pie cambiado para que no podamos reaccionar.Manu militari y sotto voce.Como con Franco ahora con Borbón.

martes, 3 de junio de 2014

Os comenencias

Os comenencias aquelan as normas cando lles convén.Aparecen e desaparecen segundo o seu interés.Están moi próximo cando precisan algo e afástanse cando hai problemas.Defenden unha cousa e a súa contraria segundo lles beneficie ou non.Poñen cariña de pena cando queren conseguir algo e foxen das penas dos demais.Véselles vir a leguas, o que máis me sorprende é que tan pouca vergonza teñan...

lunes, 2 de junio de 2014

As sombras de Grey en Vilagarcía

Hai cousas que só poden pasar na Arousa, que son moi propias dos nosos Vila's People. Que Xurxo García queira abraiara dúas chatis e as leve a cear desde Vila a Portonovo en helicóptero, iso nin sequera o Christian Grey.Pero aquí na Arousa todo é un botar por fóra.Se custou máis a gasofa que a mariscada!!E non pasaría nada, e non se enteraría ninguén se no camiño de volta non se esnafran no Monte Lobeira.Eu a verdade non sei para que a xente esta quería a vía rápida se xa teñen aerotaxi de seu!!!

sábado, 31 de mayo de 2014

A nosa Costa da Morte

Parece unha costa calma, co seu mar simulando un prato.Cos seus coídos e as súas rochas romas, pero non o é; o mar de Baiona a Guarda é letal.Se cadra non ten a beleza abrupta da Fisterra pero o mar rompendo na pedra racha tamén con moitas vidas e ilusións.

miércoles, 21 de mayo de 2014

Corridito mexicano, PEMEX!!!


" Con diez floteles por banda, viento en popa a toda vela,no surca en mar ni tampoco vuela el flotel... Chegaron onte e antonte os "mariachis" de PEMEX como se fosen míster Marshall,como se fosen os reis magos, estes homes ós que lles regalamos un estaleiro a cambio de que fixesen un barco... E ándale que le andas que ían anunciar un "notición que te cagas" que pensei en cinco barcos ou dez. Pero os nosos "manitos" amenceron mal, debéuselles dar mal a noite, non lles aquelou o augardente ou as chatis que circulan por Navalia con toda a roupa "prensa". Dúas ministras agardaron por eles, o presidente, e varios conselleiros pero o "corrido" nocturno debeu ser longo e intenso e non chegaron a tempo. "Búscame ós de PEMEX "berrou o presidente ás 12.30 que xa son horas, meu Deus! E os de PEMEX, qué? Tomando o último mojito? Tarde, mal e a rastro chegaron os de PEMEX, túzaros,lentos e pesados non querían falar "ahorita" que xa "platicarían" pola tarde no consello de BARRERAS. Pero o consello de Barreras celebrouse nun xantar.Supoñemos que entre percebes e nécoras e o gran anuncio que todos agardaban non se produciu.