jueves, 30 de mayo de 2013
Karina Fálagan, a cara B de Vigo
Morta A Collona, quedábanos a Fálagan, e agora nin iso. Se cadra a Elena, pero xa non é o mesmo. Vigo venera e mitifica as súas personaxes, as de arriba e as de abaixo. Non din as malas pécoras que dunha puta e dun portugués naceu o primeiro vigués...?
Non é Vigo a cidade de Galicia con máis puticlubs per cápita, hai outras que teñen maior ratio, ben preto de nós. Pero aquí non agochámo-las nosas zonas de sombra.
A alcaldesa do Atlántico era intensa de vez, grande, verborreica, esaxerada, franca e puta profesional. De agora en diante técnica sexual.
Nesta cidade aberta, ninguén ou poucos lle torcían a cara a Caridad Fálagan. Eu quixen ir ó seu enterro, gustaríame ter escrito a súa biografía e ve-lo rostro lívido de todos aqueles que podían saír nas súas páxinas pero non puido ser.
A Fálagan era única, saberemos toda a nosa historia, cando saibamos das nosas paixóns, cando saibamos do noso lumpen e como en cidades como esta os altos e os baixos fondos se mesturan sen que ninguén se asuste.
Mediática como poucas, a Fálagan mereceu moitas horas de televisión, pero as nosas canles prefiren a Pacomivida, ou a Cañita Brava. A Fálagan rompía o share.
Recompoñe-la historia desta muller sería como xunta-las areas das praias de tódalas illas galegas das Cíes a Sálvora. Todos teñen recordos aillados e historias que parecen lendas xa. De cando tarifou ou alomenos coincidiron no hall dun hotel de Santiago unha Carina e unha Corina e case chegan as mans.
Nun coñecido salón de peiteado vigués aínda se botan as mans á cabeza porque un día apareceu esixindo un tinguido capilar pero non era na cabeza, nin nos pelos do píloro e ninguén llo quixo facer. Historias hai para todos. Pena de novelón! De folletín de sobremesa ou de realismo máxico galego,de personaxe de Cunqueiro...
domingo, 26 de mayo de 2013
O perigo dos ex
Sempre queren volver, teiman e teiman naqueles tempos pasados que xa nunca volverán; pero eles andan cegos ou alomenos choscos reeditando nos seus neuróticos cerebros os días das vellas glorias, que nunca tales foron.
Cando eu era xefe, cando eu era presidente cando eramos mozos, "dime cuándo, cuándo, cuándo..."
E esta semana tocou rebu-aznar, e alá chegou a Antena 3 o Chemari, o home aquel do bigote portugués, do rostro hiératico,do acento nasal de dobraxe iberoamericana de debuxos animados.
E o oráculo falou, falou porque quixo di unha e outra vez a quen o quera escoitar Rafa Cuíña no seu facebook e no Correo Galego de onte a quen o queira ler.
O parvo de León, o home que nos meteu na guerra de Irak, o que miraba a outro lado cando o Prestige, quere agora darnos lecciós*. Aquel home feo, pequerrecho,como un debuxo animado mal feito dos Hernández e Fernández, de Hergé.Aquel señor que dixo que era ETA , cando era Al Qaeda, aquel home que puxo a Mariano de sucesor e que fixo que perdera as eleccións. O Aznar que non sabía ou non quixo saber que pasaba no despacho de Bárcenas, o Aznar que anima a beber e a conducir, o que se beneficia da Gürtel e o que casa a filla como se dunha princesa se tratase, aínda que fose unha ra.
E vai o jicho e ven a darnos leccións; e digo eu de qué? Será de pilates ou de abdominais? Pois se é diso que se absteña que moito noxo dá por máis fraco que estea !
miércoles, 22 de mayo de 2013
Tempo tras tornados na Illa de Perdidas
Os últimos tornados en Oklahoma teñen trastornadas ás nosas tres protagonistas. A chegada das primeiras raiolas de sol fai que moitas devezan por coller xa a primeira baixa do ano.
Maruja leva uns meses fóra de si non atura unha mínima insinuación sobre a idade e o aspecto e anda cada minuto comparándose con esta e con aquela, e xa ninguén lle contesta cando di: esa non pode ser máis nova ca min, non parece eu máis nova? E xa nin as medusas responden. E as algas e os caramuxos fartos están xa. E mala cousa cando alguén responde porque se non lle gusta a resposta, axiña di " o que hai que oír"; se non queres oír raíña non preguntes, ou en todo caso deberías respeta-lo que opinan os demais.
Ademais continúan os problemas de estilismo. Choni quere máis volantes,Pija non atura as camisetas "prensas" e Maruja que vive unha nova etapa existencial quere roupa máis moderna.
Seguen ademais sen poñerse de acordo en que comer, na dieta de verán, o que a partir de agora chamaremos vulgarmente: "ingestas". A operación biquini apreta e xa non estarán soas nas illas e queren lucir "palmito".
Choni quere mazarse a biomanán e face-la dieta Dukan, pero Pija di que non, que xa dixo a OCU que esas dietas son nocivas; e Maruja segue pampa e pregúntase para o seu interior, quen coño será Ocu?
jueves, 16 de mayo de 2013
A catequese das nove
Parece que desde a tele pública de España se preocupan pola nosa saúde moral. Recoméndannos que recemos e dinnos como debemos vestir. Hai tempo que algúns informativos se converteron en homilías. Hai tempo que algúns ministros parecen cregos, Papas ou Lexionarios de Cristo. Aborrezo a roupa e os escotes, pero non me gusta que ninguén me diga se debo rezar ou qué podo vestir.
Quén dirixe ideolóxicamente os telediarios de TVE.
Acabarán poñendo o Angelus? Recomendando comida de vixilia? Metendo máis procesións.Polo xeito parece que aínda lles queda letanía para rato e a nós moito Vía Crucis!!! "Perdónales Padre, porque no saben lo que hacen"
viernes, 10 de mayo de 2013
Onde metemos os nosos fillos?
O Colexio Santa Cristina de Vigo despois de dous meses de bochornoso silencio sobre un caso que revolveu o país todo decidiu falar hoxe.
Os pais dun neno de dez anos denuncian un acoso escolar que tivo como resultado máis grave unha fisura de pene tras unha patada. A directora do colexio non colle o teléfono para precisar ou desmentir. Nos xulgados agóchase e non dá a cara nunca.Hoxe tampouco vímo-lo seu rostro. Para dar unha rolda de prensa na que básicamente se leu un comunicado envía dous avogados e un secretario da patronal dos centros de ensino privado.
Unha persoa que xestiona os estudos dos nosos fillos que probablemente dá clases non sabe explicar cando, como e por que se actuou neste caso se se fixo. Por que se agocha? Tan difícil é explicar qué pasou.
A verdade é que eu non teño fillos pero gustaríame moi pouco que estivesen nun centro que tan mal se sabe explicar.
jueves, 9 de mayo de 2013
Volven as jichas de Perdidas
O Programa de cociña da illa vai de mal en peor.Aquilo parece xa "Pesadelo na cociña". Tódolos restaurantes que se prestan a participar no programa van pechando ou facendo un ERE. Na illa todo vai en caída libre.
Na revisión médica habitual, na análise de tóxicos dan máis positivos por benzodiazepinas que na Operación Puerto.
A Maruja vaiselle o bolo aínda máis do habitual, Pija está moi enfadada polos novos cambios e non sabe xa se virar á esquerda ou a dereita.
As audiencias van fatal e a produtora do programa Zinquin-Tranquimazinquing Audiovisual decide estar presente no festival de Cans cunha curta ou cunha reportaxe.
A elixida é Rapante Nui, gravada no seu día no Bar Fortes do Porriño e que se exhibirá no Pendello de Moncho.
Choni quere que todo o persoal da Illa acoda á preestrea, pero Pija di que polo carallo que ela pasa de ir no chimpín e de pisar bosta coas súas Pretty Bailarinas ou cos Slipppers eses que parecen as zapatillas dunha avoa, porque ela non ten unhas botas plásticas brancas desas que se pisas unha bosta as podes lavar cunha baeta.
viernes, 3 de mayo de 2013
Malfollat
Tódolos díás esa puta mala cara, tódolos días ese rosmar, ese monótono fungar.
Por que esa mala hostia? Que carallo te pasa? O día menos pensao* eu tamén che vou berrar, tamén che vou dicir que tes que facer; tamén che vou poñer esa cara de cuna*, a ver que che parece eh?
jueves, 2 de mayo de 2013
Vigo.today " Os mexicanos compran Barreras para gravar telenovelas"
A factoría Televisa, socia de PEMEX acaba de facerse co 51% de Barreras coa fin de ter un novo plató para gravar telenovelas e narcocorridos. Unha operación que callou grazas ás xestións persoais do presidente da Xunta,Alberto Núñez Feijóo, quen persoalmente viaxou a Cidade de México para levar en persoa as súas fotos con Marcial Dorado pola ría de Vigo ó Presidente de México e ó do holding petroleiro azteca.
A primeira serie que se gravaría nas gradas de Barreras podería ser "Ouro negro, po branco"· Pola súa proximidadeó mar, hai quen pensou que os pantaláns de Barreras poderían valer para grava-la versión mexicana de Splass,proxecto que se desbotou polas baixas temperaturas da ría de Vigo.
Güei, manito, que a Virxe de Guadalupe nos pille confesados!! Ándale!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)